O mércores 10 de abril do 2019 ás 19:30, no salón de actos, ven escoitar a profesionais da tradución, e pon a proba a túa habilidade tradutora! Mesa redonda sobre a o mercado actual da tradución ao galego, para o que contaremos coa presenza de dous profesionais deste eido: María Xosé García Chao, Gabriel Álvarez Martínez.
Con especial atención ao audiovisual e a publicacións en lingua francesa, inglesa, portuguesa ou xaponesa, a mesa redonda tratará sobre:
- o estado actual da tradución ao galego,
- a evolución do traballo coas novas tecnoloxías,
- o seu mercado e posibilidades actuais,
- a transmisión cultural a unha lingua minorizada.
Unha vez finalizada a mesa redonda, celebraranse obradoiros de tradución moderados por: Gabriel Álvarez Martínez (francés), María Xosé García Chao (inglés) . Para a participación nestes obradoiros, abertos ao alumnado dos niveis B2, C1 e C2 (se é o caso) de cada lingua, requerirase unha inscrición previa (ata o 29 de marzo enviando un mail a ikerdudo[@]eoisantiago.org). O alumnado inscrito recibirá os textos con dúas semanas de antelación para preparar a súa tradución e discutir e poñer en común no obradoiro.
Mesa Redonda: 19:30 (Salón de Actos)
Obradoiros: 20:15 (O alumnado inscrito será informado sobre a aula)
A 2ª sesión (italiano e alemán) terá lugar o mércores 24 de abril ás 19:30
Organiza EDLG , Departamentos de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.