Prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/23 - 1 ao 21 de marzo

Desde o martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tanto si se presenta de forma presencial no centro educativo como por vía telemática, deberase cumplimentar a seguinte documentación (arquivos adxuntos):

  • Anexo II.
  • Anexo II bis.
  • Documento acreditativo da idade (DNI ou libro de familia).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

Para calquera dúbida relacionada con este procedemento pode contactarse no correo cra.oroso@edu.xunta.gal ou no teléfono 628 07 14 38 de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30.

Cambios Protocolos e normativa COVID nos centros educativos

Debido aos recentes cambios nos Protocolos educativos COVID19 publicamos a normativa máis recente, así como as aclaracións para as dúbidas máis habituais coa finalidade de minimizar o risco de contaxios.

Aproveitamos a ocasión para agradecer a todas as familias a vosa precaución e colaboración co centro educativo durante todo o curso escolar. 

Segundo a normativa publicada no mes de xaneiro de 2022, todo o alumnado debe de facer corentena e non pode asistir a ningún centro educativo nos seguintes casos:

  • Se o/a neno/a ten calquera dos síntomas compatibles coa COVID19.
  • Se tivo contacto cunha persoa con diagnóstico positivo en COVID19 (xa que os/as nenos/as non teñen pauta de vacunación completa), aínda que non teña síntomas.

En cada unha das escolas hai dispoñibles tests de saliva, enviados pola Consellería de Educación, polo que as familias poden solicitalos.

Para calquera dúbida relacionada, as familias poden chamar ao teléfono do centro (628071438) de luns a venres de 9:30 a 14:30 ou escribir ao correo cra.oroso@edu.xunta.gal

A normativa de referencia está nesta ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus

Moitas gracias pola vosa colaboración e precaución!!!

 

 

 

 

Inicio procedemento reserva de praza alumnado que continuará estudos no CEIP Sigüeiro

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Este prazo de reserva é so para alumnado que remata a súa escolarización no CRA de Oroso e quere continuar os seus estudos no CEIP Sigüeiro.

Achégase coma arquivo adxunto a documentación a cumplimentar polas familias. Desta documentación entregarase copia impresa nas distintas escolas unitarias ao longo da vindeira semana.

Tamén se pode facer este procedemento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, coa referencia do procedemento ED550A.

 

 

 

Proclamación candidaturas elixidas Consello Escolar

Despois da designación pola ANPA Reviravoltas da súa candidata para o Consello Escolar e da votación do Claustro do profesorado, a Xunta Electoral proclama as seguintes candidaturas elixidas como representantes no Consello Escolar do CRA de Oroso:

  • Representante de familias (designación pola ANPA Reviravoltas): Dona María Iglesias Vázquez.
  • Representante de profesorado: Dona María Jesús Amado Pico.

Contra as decisións da citada xunta poderase presentar por un prazo de quince días reclamación perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.

 

Proclamación candidaturas Consello Escolar

A Xunta Electoral, unha vez recibidas e analizadas as candidaturas presentadas, resolve proclamar as seguintes candidaturas:

  • Representante de familias: Dona María Iglesias Vázquez (candidata designada pola ANPA Reviravoltas).
  • Representantes de profesorado: Dona María Jesús Amado Pico e Dona María de la O Giadáns Aldrey.

Contra este acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous días seguintes. A xunta electoral resolverá no seguinte día hábil e contra a súa decisión poderá interpoñerse recurso, que non terá efectos suspensivos, perante o delegado provincial da Consellería de Educación e O. Universitaria.

Distribución máscaras alumnado Educación Primaria

Publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.

O alumnado destinatario desta axuda é o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 O prazo de solicitude é do do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Pódese facer a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procemdento ED330E) ou cubrindo os anexos I e II da convocatoria (facilitaranse ás familias interesadas nas distintas escolas e publícanse como ficheiros adxuntos).

 

Constitución Xunta Electoral e calendario eleccións Consello Escolar

Achégase coma documento adxunto a Circular informativa para as familias do alumnado do CRA de Oroso sobre a renovación do Consello Escolar. 

Unha vez constituída a Xunta Electoral queda aprobado o calendario deste procedemento electoral. 

 

Iniciativa Amazon - Un clic para el cole

 

 

Ao igual ca no curso anterior, este curso 21-22 o CRA de Oroso participa na iniciativa Un clic para el cole. Nesta campaña, as familias do alumnado poden participar asignando un pequeno porcentaxe das súas compras en Amazon ao noso centro educativo.

Para facilitar a localización do centro nas compras, o código do centro é 15032509 e o nome é CRA de Oroso (Colexio Rural Agrupado de Oroso).

Nos arquivos adxuntos incluése información máis detallada desta campaña.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013