Skip to Content

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar - Curso 22/23

Nesta semana publicouse a convocatoria para a solicitude de libros e material escolar para o vindeiro curso 22/23.

Nos vindeiros días entregarase en cada unha das escolas os impresos para a solicitude e un resumo da convocatoria para as familias.

Estas axudas son exclusivas para alumnado que curse Educación Primaria no vindeiro curso escolar 22/23.

O prazo para entregar as solicitudes é ata o 22 de xuño. 

Para o alumnado que o vindeiro curso escolar continúa os seus estudos no CEIP Sigüeiro en 3º de Primaria, na reunión do vindeiro mércores 25 de maio entregaráselle a información correspondente (este alumnado non recibe cheque de axuda, se non que participa no Fondo solidario de libros).

Achéganse coma arquivos adxuntos os impresos de solicitude (daranse en papel a vindeira semana nas escolas). Pódense presentar a través da sede electrónica ou en papel en cada unha das escolas.

Ademais destes impresos cubertos e asinados, todas as familias solicitantes deberán de achegar:

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

E si fose o caso, para acreditar algunha das seguintes circunstancias:

  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE

Pódes consultar a convocatoria e a información máis detallada na web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37025

 

Actividades maio 2022: Reapertura biblioteca Vilarromarís e xornada convivencia

Queridas familias.

No mes de maio voltaremos a facer actividades de biblioteca os martes pola tarde en Vilarromarís, en horario de 16:30 a 17:30. Esta actividade é voluntaria para o alumnado e poderán asistir os/as nenos/as de todas as escolas. 

Por outro lado, o vindeiro venres 6 de maio (pendente da climatoloxía) faremos unha xornada de convivencia para o alumnado de todas as escolas organizada pola ANPA e o CRA. Esta actividade desenvolverase en horario de mañá e tarde na sede do CRA e no campo da festa de Vilarromarís. Nos vindeiros días mandaremos ás familias a autorización para a súa sinatura. Pola mañá o horario será de 9:30 a 14:30 e o alumnado fará diversas actividades co profesorado do centro e cunha compañía de actividades extraescolares. A partires das 14:30 a ANPA propón unha comida grupal e diversas actividades de lecer (obradoiros, xogos...) pola tarde para completar a xornada de convivencia.

Agradecemos especialmente á ANPA Reviravoltas do CRA de Oroso a súa organización e participación nesta actividade conxunta!! 

Documentación do centro educativo

Uso máscaras en centros educativos - Directrices Consellería Educación

Logo da publicación no día de hoxe por parte da Consellería de Educación das Directrices sobre o uso das máscaras nos centros educativos no portal educativo, infórmase ás familias do alumnado dos aspectos máis relevantes da normativa vixente a partir de mañá, venres 22 de abril de 2022:

 

  • Resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.

 

  • Recoméndase especialmente para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos o uso de forma constante da máscara e evitar actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas (Ex.: comer ou beber en presenza doutras persoas). O uso da máscara nestas situacións debe ir acompañado doutras medidas de prevención como evitar o contacto con persoas de grupos vulnerables e reducir todo o posible as interaccións con outras persoas. Estas recomendacións deberán aplicarse durante 10 días dende inicio de síntomas, dende o diagnóstico (no caso de persoas asintomáticas) ou dende a data do último contacto (no caso de contactos estreitos). En calquera caso debe lembrarse a recomendación xeral de non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís.

 

Pódese consultar o texto completo das directrices no arquivo que se publica coma adxunto.

 

A partires de mañá, venres 22 de abril, a máscara deixa de ser obrigatoria para o alumnado e profesorado nos centros escolares, pasando a ser recomendable e de uso voluntario.

 

Pregamos ás familias do alumnado que comuniquen ás titoras de cada escola si o seu fillo/a vai a seguir usando a máscara ou non para facilitar o control do seu uso. Tamén pregamos que, si é posible, non se envíe á escola a ningún neno/a que teña síntomas compatibles coa COVID sen consultar co seu pediatra ou sen facer unha proba de antíxenos.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración ao longo deste curso escolar.

Uso máscaras nos centros educativos Galicia

Dende o mércores 20 de abril de 2022 cambia a normativa xeral de uso da máscara.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, as Consellerías de Educación e Sanidade manifestaron en diversos medios de comunicación a súa intención de manter a recomendación de uso nas escolas, aínda que desapareza a obriga.

Dado que aínda non se fixo ningunha publicación oficial ao respecto por parte da Consellería de Educación, pedimos ás familias que o alumnado siga mantendo o uso da máscara uns días máis, ata que teñamos confirmación oficial de como se modifica o Protocolo sanitario para os centros educativos. Tan pronto haxa unha comunicación oficial, comunicaremos á máxima brevidade como se modifica o uso da máscara.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Publicación listaxes alumnado admisión curso 22-23

A partires do mércores 20 de abril de 2022 poderanse coñecer nas distintas escolas unitarias a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 22-23.

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión foi admitido na escola que solicitou. 

Por normativa de Protección de Datos, as listaxes so se poden consultar no interior de cada unha das escolas ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DA COVID19 - 1 ABRIL 2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables (persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco - grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas e mulleres embarazadas) . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas. 

Escola de Nais e Pais Oroso - Consellería Educación Xunta de Galicia

O próximo luns, 28 de marzo de 18 a 20 horas no salón de actos do IES de Oroso impartirase unha charla titulada Diversidade afectivo-sexual e familiar. Coñecer para acompañar impartida por Cristina Palacios da asociación ARELAS.

Esta charla diríxese a toda a comunidade educativa do Concello de Oroso (familias e profesorado), independentemente do centro educativo ao que pertenzan.

Achégase coma arquivo adxunto o cartel da charla.

Homenaxe a mulleres relevantes no Concello de Oroso - Patios escolares

No marco das actividades organizadas no mes de marzo con motivo da conmemoración do día da Muller, o CRA de Oroso e o Concello de Oroso nomearán os patios de xogo das distintas escolas unitarias que conforman o CRA co nome de mulleres importantes no Concello de Oroso. 

Farase unha homenaxe en cada unha das escolas o venres 25 de marzo ás mulleres elixidas. A esta homenaxe poden asistir as familias do alumnado de cada escola, si así o desexan. 

Os horarios dos actos serán:

  • Dona Aurora Nouche Patiño - Escola de Vilacide: 11:00.
  • Dona Clemencia Picón Otero - Escola de Trasmonte: 11:30.
  • Dona Isabel Canabal Barco - Escola de Deixebre: 12:00.
  • Dona Josefina Vieites Botana - Escola de Senra: 12:30.
  • Dona Rosario López Díaz - Escola de Vilarromarís (sede do CRA): 13:00.

Noraboa ás homenaxeadas e benvidas ao noso CRA!

 

Eliminación corentenas para contactos estreitos dos positivos COVID19

Actualización do Protocolo COVID19 - Comunicación conxunta das Consellerías de Educación e Sanidade. Pódese ver a publicación no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36419

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral serán opropios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

A partires deste día, o alumnado que sexa contacto estreito dunha persoa positiva, se non ten síntomas e ten un resultado negativo  nas probas, pode asistir ao centro escolar. 

Aproveitamos a ocasión para reiterar o noso agradecemento pola colaboración e precaución de todas as familias ao longo de todo o curso escolar. Nas distintas escolas unitarias temos tests de saliva a disposición das familias. Para calquera dúbida, pódese chamar ao teléfono 628 07 14 38 en horario de 9:30 a 14:30.

Distribuir contido


by Dr. Radut