Skip to Content

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar - Curso 22/23

Nesta semana publicouse a convocatoria para a solicitude de libros e material escolar para o vindeiro curso 22/23.

Nos vindeiros días entregarase en cada unha das escolas os impresos para a solicitude e un resumo da convocatoria para as familias.

Estas axudas son exclusivas para alumnado que curse Educación Primaria no vindeiro curso escolar 22/23.

O prazo para entregar as solicitudes é ata o 22 de xuño. 

Para o alumnado que o vindeiro curso escolar continúa os seus estudos no CEIP Sigüeiro en 3º de Primaria, na reunión do vindeiro mércores 25 de maio entregaráselle a información correspondente (este alumnado non recibe cheque de axuda, se non que participa no Fondo solidario de libros).

Achéganse coma arquivos adxuntos os impresos de solicitude (daranse en papel a vindeira semana nas escolas). Pódense presentar a través da sede electrónica ou en papel en cada unha das escolas.

Ademais destes impresos cubertos e asinados, todas as familias solicitantes deberán de achegar:

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

E si fose o caso, para acreditar algunha das seguintes circunstancias:

  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE

Pódes consultar a convocatoria e a información máis detallada na web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37025

 

AdxuntoTamaño
Anexo I solicitude.pdf1.61 MB
Anexo II comprobación datos.pdf990.04 KB


blog | by Dr. Radut