Blogues

Volta ao CRA de Oroso

Benvidas e benvidos ao curso escolar 2024-2025 no Colexio Rural Agrupado de Oroso!

 

Queridas familias, profesorado, alumnado e toda a comunidade educativa: énchenos de alegría darvos a benvida a un novo ano cheo de aprendizaxes, experiencias e momentos inesquecibles. Este curso bríndanos a oportunidade de retomar con forza o camiño do coñecemento, de descubrir novas paixóns e de medrar, nunha contorna no que cada día é unha aventura.

 

O colexio prepárase con entusiasmo para recibir aos cativos e cativas, sabendo que cada un de vós é unha peza crave nesta comunidade. Ás familias, agradecémosvos o voso apoio e colaboración, fundamentais para construír o futuro das nosas crianzas. Ao noso equipo docente, grazas pola vosa dedicación, por acender a faísca do saber e acompañar a cada neno e nena no seu desenvolvemento integral. E como non a toda a comunidade educativa que nos apoia e axuda a medrar.

 

Este curso, queremos seguir apostando pola creatividade, a curiosidade e o espírito de colaboración que nos caracteriza. Queremos que cada escola sexa un espazo onde se cultiven non só os coñecementos académicos, senón tamén os valores que nos unen como comunidade. Queremos que cada recuncho do CRA sexa un lugar onde reine a amizade, o respecto e o esforzo compartido.

 

O Colexio Rural Agrupado de Oroso está preparado para enfrontar con ilusión e compromiso os retos que este novo curso preséntanos. Sabemos que colaborando, podemos facer que este ano sexa verdadeiramente especial.

 

Que comece a aventura do curso 2024-2025! Estamos seguras de que será un ano cheo de éxitos, aprendizaxes e, sobre todo, de moitos momentos felices.

 

Ánimo e forza todos e todas!

 

Libro de texto Curso 2024 - 2025

Clica para descargar o listado de libros:

 

Clica na imaxe para descargar o listado

Saída escolar de fin de curso

Unha saída de fin de curso espectacular!

Os alumnos e alumnas do Colexio Rural Agrupado de Oroso viviron unha experiencia máxica na escola de circo "Circo 9". Dende o primeiro momento, quedaron marabillados co mundo do circo, aprendendo habilidades incribles e descubrindo a súa paixón por esta arte tan especial. 

Non só se divertiron moito, senón que tamén desenvolveron destrezas que lles serán útiles para toda a vida: equilibrio, coordinación, traballo en equipo e confianza en si mesmos e mesmas. Ademais, as familias decatáronse co moito que gozaron e aprenderon as súas cativas e cativos. 

O circo é un mundo fascinante cheo de maxia e talento,e estamos moi felices de compartir esta experiencia inesquecible! 

Unha cousa importante non esquezades que esta semana están de portasabertas Non esquezades acudir, tedes que apuntavos. E o sábado teñen a gran gala de solsticio de verán, conta con vós!

 

 

Martes de formación

Incrible xornada de formación sobre Disciplina Positiva! 

 

As familias do CRA de Oroso tiveron a oportunidade de aprender da man de Marián Cobelas como corrixir comportamentos desde o afecto e a empatía.

 

Nesta sesión práctica, Marián ensinounos a establecer vínculos emocionais cos nosos fillos e fillas para que comprendan que corrixir non é rexeitar, senón unha oportunidade para medrar e mellorar. 

 

Non te perdas máis formacións e súmate a esta comunidade de aprendizaxe. 

 

 

María da Pontragha e Miguelón Paz no CRA de Oroso. Contos co vento.

Qué día tan máxico vivimos no Colexio Rural Agrupado de Oroso! 

 

María da Pontragha e Miguelón Paz, duas persoas moi talentosas, mergulláronos nun mundo de contos sobre o vento e os seus encantos. 

 

 Foi unha experiencia maravillosa que reuniu a o noso alumnado, irmás, irmáns, avoas, avós, nais, pais e persoas vinculadas á escola. 

 

A ledicia e a emoción respirábase no ar. Quedamos con ganas de máis e esperamos ver a estos incribles narradores novamente moi pronto. 

 

Grazas a todas e todos por facer deste evento un éxito! Vémonos na próxima aventura da Pingüibiblio!

 

Novidades Escolares

 

Feliz día de Europa

Lectura e familias

Grazas a familia de Pablo por colaborar coa nosa pingüibiblio facendo unha experiencia tan especial. Observamos os nosos cambios no tempo e como fai que cada día sexamos máis maiores e progresemos na vida. 

 

Semana do libro no CRA de Oroso

Na semana do 22 ao 28 de maio conmemoramos a semana do libro. Queredes ver parte do que fixemos? Clicade do enlace para saber:

PINGÜIBIBLIOTECA

 

 

 

Matricula Curso 2024 /2025

MATRÍCULA CURSO 2024- 2025

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparta no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.

 

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial no centro. 

 

O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.

 

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión (https://drive.google.com/file/d/1wAUkgCQ4C_FtVgWCTNGa1s-UH0ZfNtH1/view?u...) e unha nota informativa sobre este procedemento.

Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na dirección do centro chamando ao 628 071 438.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013