Avaliación 2º trimestre curso 20-21

O xoves 25 de marzo publicaranse a través da aplicación abalarMóbil as cualificacións do alumnado do 2º trimestre deste curso escolar. O venres 26 de marzo entregaranse os boletíns de notas impresos en cada unha das escolas. 

Como novidade deste trimestre, a Consellería publicou unha nova Orde para detallar e actualizar o dereito á información por parte das familias sobre a avaliación do alumnado. En caso de querer aclarar calquera aspecto relacionado coas cualificacións do alumnado, a familia do alumno/a pode dirixirse ao mestre/a correspondente.

Pódese consultar a Orde nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33404

Saúdos e boas vacacións!!

Inicio procedemento admisión curso 21-22

Para o alumnado que comeza a súa escolarización no curso 21-22, a vindeira semana comeza o prazo de solicitudes de admisión.

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 22 de marzo.

Xunto coa solicitude de admisión (achégase como anexo a esta publicación) hai que presentar un documento acreditativo de idade (DNI ou libro de familia). Esta documentación pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica. Para máis información pódese consultar a aplicación Admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Para calquera información relacionada coa admisión ou para a recollida ou entrega de documentación é imprescindible concertar cita previa por teléfono (628 07 14 38) en horario de 9:30 a 14:30 ou por correo electrónico (cra.oroso@edu.xunta.gal). 

Para as familias interesadas, publicamos un video de presentación, e nos vindeiros días seguiremos publicando máis materiais en Youtube e Instagram, esperemos que vos gusten!!!

Youtube:  https://www.youtube.com/channel/UCWnsHPC34LndMwb7ZbT_XNw

Instagram:  https://www.instagram.com/craoroso/?hl=es

 

 

Modificación Calendario Escolar 20-21

Publícase como arquivo adxunto o calendario escolar do curso 20-21 coas modificacións producidas dende o inicio de curso. Inclúense dous festivos que non estaban recollidos no calendario publicado en setembro de 2020:

  • 19 de Marzo: Este festivo foi incluido no calendario laboral do 2021 a finais do ano 2020.
  • 14 de Maio: Este día é o solicitado polos centros escolares do Concello de Oroso como día non lectivo no curso 20-21.

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

O alumnado do CRA de Oroso que cambie de centro educativo no curso 21-22 e vaia continuar a súa escolarización no centro adscrito (CEIP Sigüeiro) ten que realizar a solicitude de reserva de praza. O  prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

O impreso de solicitude pode recollerse nas escolas do CRA ou descargarse (está publicado como adxunto a esta nova). Haberá que entregalo na escola de referencia do/a alumno/a.

Este procedemento tamén poderá facerse na aplicación Admisionalumnado. 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

 

Máscaras alumnado Infantil e Primaria CRA Oroso 20-21

No arquivo adxunto detállanse as características técnicas das máscaras entregadas ao alumnado do noso centro, que cumpren todas as características establecidas pola Consellería de Educación na convocatoria da Orde de 6 de novembro de 2020.

Estas máscaras son de uso exclusivo para a xornada escolar (9:30-14:30).

Cada máscara pódese usar 25 veces.

 

Día das persoas con discapacidade

Tagged:  

Distribución máscaras para alumnado de Educación Primaria

Esta semana comezou o prazo para que as familias do alumnado matriculado en Educación Primaria soliciten máscaras para os seus fillos/as.

O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro (ambos inclusive) e a presentación da documentación debe de facerse de xeito presencial.

Os impresos poden recollerse nas diversas escolas ou descargarse (van coma arquivo adxunto a esta publicación co nome de "ANEXO I e II").

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (o cheque para a compra de material escolar entregado en xuño) non ten que presentar solicitude, faise de xeito automático.

Para o resto do alumnado, pode presentar a solicitude si cumpre algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 Ao igual que para as axudas de libros e material escolar, considérase a referencia da situación familiar e renda do ano 2018.

Para calquera dúbida, poden escribir ao correo do centro: cra.oroso@edu.xunta.gal ou ben chamar ao teléfono de dirección (628071438) en horario de 09:30 a 14:30.

Achéganse coma arquivos adxuntos a documentación relacionada con este procedemento.

Actualización Protocolo COVID 19 e ventilación nas aulas

O pasado 4 de novembro de 2020 reformouse o Protocolo COVID-19 e publicouse unha guía de recomendacións sobre a ventilación nas aulas.

Achéganse coma arquivos adxuntos a esta publicación ambos documentos e un resumo dos aspectos máis destacados. Para calquera aclaración sobre estes documentos, as familias poden falar coa titora de cada escola ou consultar á dirección no teléfono 628 07 14 38.

Saúdos.

Plan de continxencia CRA Oroso 20-21

Publícase como arquivo adxunto o Plan de Continxencia do CRA de Oroso. Este Plan regula o funcionamento do ensino nos supostos de ter que desenvolver actividades semipresenciales ou non presenciais.

Modelos autorización recollida alumnado, dereitos de imaxe e xustificación faltas

Publícanse como arquivos adxuntos os permisos de recollida de alumnado, dereitos de imaxe e xustificación de faltas de asistencia.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013