Carreira solidaria no CEIP Camiño Inglés

31/10/2017 09:30
31/10/2017 14:30
Europe/Madrid

Estamos convidad@s a carreira solidaria organizada polo CEIP Camiño Inglés. Estaremos toda a mañán no centro escolar e polo paseo do Carboeiro nas diferentes competicións.

Cada familia debe levar @s seus/súas cativ@s a dito centro escolar e recollelos a hora de saída habitual. Grazas.

Día festivo

Ola amigas e amigos:

Queremos recordarvos que o venres 13 de outubro, tal e como indicamos no calendario escolar remitido, non haberá escola.

Moitas grazas

Biblioteca Escolar

Ola a todas e todos:

Queremos recordarvos que comezan as actividades de animacion a lectura os martes pola tarde.

Xa sabedes que para ampliar información podedes visitar A nosa biblioteca ou o blogue: https://bibliocraoroso.blogspot.com.es.

Podes acceder desde a nosa páxina escolar.

Moitos saudiños.

Novo ano escolar 2017 - 2018

Benvidas e benvidos un ano máis internautas. 

Temos que volver a escola e retomar a nosa andaina educativa. Estades list@s?

Queremos informarvos que comezamos as clases o día 11 de setembro. As mestras e mestre desta escola están desexando volver a desfrutar da vosa compaña. Para @s que sodes nov@s sabede que vos esparamos cos brazos abertos.

 

 

Algo da nosa historia.


O CRA de Oroso naceu un 9 de xuño do 2005. Como xa vedes, temos uns aniños.

Se mirades a vosa esquerda veredes que somos catro marabillosas escolas en diferentes parroquias:

Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide.

Tamén temos a nosa sede que se situa en Valverde - Vilarromarís. ABRIDE OS OLLOS! Alí temos unha biblioteca fantástica e chea de sorpresas.

No noso centro temos alumnado do segundo ciclo de infantil e do primeiro ciclo de primaria.

Queredes saber o noso horario?

Abrimos as 09:30 e estamos ata as 14:30. E contade tamén os martes pola tarde, xa que temos animación a lectura totalmente gratuita para todo o alumnado do noso CRA.

Sede benvid@s.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013