CALENDARIO ESCOLAR 19-20

Publícase no arquivo adxunto o calendario escolar para o curso 19-20, segundo a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Ademais dos días festivos, inclúense as datas dos festivais que celebrará o noso centro.

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 19-20

Publicación do listado de libros e material escolar para o curso 19-20 (arquivo adxunto).

O listado vai organizado por escolas e por idades.

No mes de setembro pedirase a cada alumno/a diverso material escolar (folios, cores, pinturas...) por parte da titora de cada escola.

 

MATRÍCULA 19-20

Publícanse os impresos de formalización de matrícula para o alumnado que comeza a súa escolarización no curso 19-20. Estes impresos están dispoñibles nas escolas unitarias e na sede do CRA de Oroso.

Xunto con estes impresos cubertos, hai que presentar:

  • Certificación de convivencia do domicilio familiar (solicítase no Concello).
  • Dúas fotografías.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  • Fotocopia da cartilla de vacinas ou certificado médico de non ter enfermidades infecto-contaxiosas.

 O prazo de matrícula remata o día 30 de xuño.

Educación Vial - Xefatura Provincial de Tráfico

O vindeiro martes, 21 de maio, desenvolveranse no noso centro unhas charlas formativas sobre seguridade vial, no marco do Plan de Innovación Educativa Mobilidade sostible e segura. Este Plan está coordinado pola Xefatura Provincial de Tráfico da provincia de Coruña.

Pola mañá faranse charlas nas escolas co alumnado e pola tarde, no horario de biblioteca dos nenos/as, haberá unha charla para as familias sobre seguridade vial (suxeción nas sillas infantís, normas de circulación como peóns, etc...).

Prégase confirmación das familias interesadas na actividade para a preparación dos materiais da xornada. Cada familia pode confirmar na súa escola ás titoras a asistencia.

Pódese ver máis información deste programa no enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/16723

 

Gracias pola vosa participación.

 

XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS

http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/secretaria-xeral-da-igualdade-organiza-xv-xornadas-de-nais-e-pais-educar-en-igualdade

Trátase dunhas xornadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que atenderá tanto a temática de promoción da igualdade como a loita para erradicar a violencia contra as mulleres: Nestas xornadas se abordarán os conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no eido educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das condutas machistas, da conciliación e da necesidade da corresponsabilidade ou reparto equitativo das tarefas de coidado e domésticas, entre outras pautas para avanzar cara a igualdade. Noutro ámbito, presentaranse datos acutalizados sobre a violencia de xénero en Galicia e pautas, recomendacións  e protocolos para a loita contra a violencia de xénero. Todos isto con exemplos e material descritivo.

Finalmente presentaranse experiencias levadas a cabo polas anpas de centros educativos de Galicia de traballo neste eido.

Estas xornadas diríxense á comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias, profesorado, e público en xeral. Trátase dunha actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

Contarase cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

Campaña recollida roupa e calzado SOS África

O xoves 21 de marzo entregaremos ao alumnado unha bolsa para que as familias interesadas poidan participar na campaña de SOS África de recollida de roupa e calzado.

A data límite de entrega da bolsa será o martes 26 de marzo. As bolsas entregaranse nas respectivas escolas.

Moitas gracias pola súa colaboración.

Visita as nosas escolas!

Tagged:  

CLICA NO PINGÜI:

 

MATRÍCULA CURSO 2019-2020

  • Reserva de praza no centro adscrito (CEIP Sigüeiro): 1 - 15 febreiro

                 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

 

  • Publicación prazas vacantes 19 - 20 (arquivo adxunto).

 

  • Solicitude de admisión para alumnado que comeza a súa escolarización ou se traslada dende outro centro educativo: 1 - 20 marzo

                  Información matrícula (arquivo adxunto).

                  Impreso solicitude admisión - Anexo II (arquivo adxunto).

                  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27132

                  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27130

 

  • Publicación listaxe provisional alumnado admitido para o curso 19 - 20 (arquivo adxunto).

 

  • Publicación listaxe defintiva alumnado admitido para o curso 19 - 20 (arquivo adxunto).

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 18-19 - PROCLAMACIÓN CANDIDATAS

Segundo as votacións realizadas o martes 27 de novembro de 2018, a Xunta Electoral proclama aos representantes elixidos para o Consello Escolar do noso centro:

 

  • Representante nais/pais: Vanessa Reboredo Fraga
  • Representante profesorado: Raquel Garazo Ramos
  • Representante Concello: Beatriz Rodeiro Fernández.

 

Contra esta decisión poderase reclamar por un prazo de quince días perante o Xefe Territorial da Consellería de Educación.

Visita do Colegio Oficial de Farmacéuticos da Coruña

Ola a todo o mundo!

Este xoves 22 de novembro visitounos Ana. Pero quen é?

Unha farmacéutica do noso concello. Veu en representación do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. 

Contounos moitas cousas: como debemos coidarnos, que facer para ter unha alimentación sa, que hábitos son bos para as nenas e nenos da escola... 

Tamén resolveu dúbidas que tíñamos, por exemplo cando debemos limpar os dentes, que pasa cos biberóns...

Estibo xenial!

Queredes ver algunha fotografía máis? Visitade a nosa galería. Clicade na imaxe.

Tamén podedes ir ao instagram do centro, alí atoparedes algunha cousiña máis.

Non esquezades o noso blogue: PINGÜIBIBLIO. Pista hai un pequeno vídeo.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013