Debido aos recentes cambios nos Protocolos educativos COVID19 publicamos a normativa máis recente, así como as aclaracións para as dúbidas máis habituais coa finalidade de minimizar o risco de contaxios.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a todas as familias a vosa precaución e colaboración co centro educativo durante todo o curso escolar.
Segundo a normativa publicada no mes de xaneiro de 2022, todo o alumnado debe de facer corentena e non pode asistir a ningún centro educativo nos seguintes casos:
- Se o/a neno/a ten calquera dos síntomas compatibles coa COVID19.
- Se tivo contacto cunha persoa con diagnóstico positivo en COVID19 (xa que os/as nenos/as non teñen pauta de vacunación completa), aínda que non teña síntomas.
En cada unha das escolas hai dispoñibles tests de saliva, enviados pola Consellería de Educación, polo que as familias poden solicitalos.
Para calquera dúbida relacionada, as familias poden chamar ao teléfono do centro (628071438) de luns a venres de 9:30 a 14:30 ou escribir ao correo cra.oroso@edu.xunta.gal
A normativa de referencia está nesta ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus
Moitas gracias pola vosa colaboración e precaución!!!