Desde o martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
Tanto si se presenta de forma presencial no centro educativo como por vía telemática, deberase cumplimentar a seguinte documentación (arquivos adxuntos):
- Anexo II.
- Anexo II bis.
- Documento acreditativo da idade (DNI ou libro de familia).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
Para calquera dúbida relacionada con este procedemento pode contactarse no correo cra.oroso@edu.xunta.gal ou no teléfono 628 07 14 38 de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO II.pdf | 1.28 MB |
ANEXO II BIS.pdf | 668.87 KB |