Inicio procedemento reserva de praza alumnado que continuará estudos no CEIP Sigüeiro

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Este prazo de reserva é so para alumnado que remata a súa escolarización no CRA de Oroso e quere continuar os seus estudos no CEIP Sigüeiro.

Achégase coma arquivo adxunto a documentación a cumplimentar polas familias. Desta documentación entregarase copia impresa nas distintas escolas unitarias ao longo da vindeira semana.

Tamén se pode facer este procedemento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, coa referencia do procedemento ED550A.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Anexo I.pdf1.33 MB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013