Despois da designación pola ANPA Reviravoltas da súa candidata para o Consello Escolar e da votación do Claustro do profesorado, a Xunta Electoral proclama as seguintes candidaturas elixidas como representantes no Consello Escolar do CRA de Oroso:
- Representante de familias (designación pola ANPA Reviravoltas): Dona María Iglesias Vázquez.
- Representante de profesorado: Dona María Jesús Amado Pico.
Contra as decisións da citada xunta poderase presentar por un prazo de quince días reclamación perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.