Publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.
O alumnado destinatario desta axuda é o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
O prazo de solicitude é do do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Pódese facer a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procemdento ED330E) ou cubrindo os anexos I e II da convocatoria (facilitaranse ás familias interesadas nas distintas escolas e publícanse como ficheiros adxuntos).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde 28 outubro 2021 axudas máscaras curso 21-22.pdf | 747.25 KB |
Anexo I solicitude.pdf | 1.16 MB |
Anexo II comprobación de datos.pdf | 671.53 KB |