Novas
Benvidos á páxina web do C.R.A. de Bergondo
Vídeo das escolas do C.R.A. de Bergondo
Para comunicacións co centro, diríxase ao seguinte enderezo electrónico :
cra.bergondo@edu.xunta.gal
Proceso de Admisión de novo alumnado , curso 2024/2025
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
A solicitude ED55OB presentaráse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática :
" admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderase presentar as solucitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave, CHAVE 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexoII-bis).
Cando falte o consentimento expreso da outra persoa proxenitora para a escolarización, mentres non se produza a resolución xudicial nos termos previstos no artigo 156 do Código Civil, manteráse a situación de escolarización existente, se a houbese; no caso contrario, escolarizaráse o menor, provisionalmente, tendo en conta a solicitude e o certificado de convivencia.
Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN :
Do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2024.
Benvida curso 2023/24
Enviado por cra_bergondo o Sáb, 09/09/2023 - 07:46Dende a dirección do centro, queremos darvos a benvida a este novo curso escolar e recordarvos que empezamos as clases este luns día 11. As clases serán en horario de 9:00 a 14:00h (pregamos puntualidade) agás para os alumn@s de nova incorporación que seguirán o horario de adaptación designado por cada titora en cada unha das escolas do noso CRA.
Benvidos!
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Enviado por cra_bergondo o Mar, 17/01/2023 - 15:55
A matrícula formalízase na sede do CRA de Bergondo no seguinte horario:
•Do 20 ao 29 de xuño: de 09:30 a 13:30 horas.
•30 de xuño: de 12:00 a 14:00 horas.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Documento de formalización de matrícula (anexo III-1)
• Cuestionario para as familias sobre a lingua materna.
• Informe de saúde do/a pediatra.
• Tarxeta de asistencia sanitaria do neno/a. (ORIXINAL)
• Dúas fotos tamaño carnet do/a neno/a co nome escrito no reverso.
Recibiredes un correo coa documentación do seguinte enderezo :
matriculacradebergondo@gmail.com
No suposto de estar admitido/a e non formalizar a matrícula, entenderase
que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2023-24
Estimadas familias informamos todas as solicitudes de admisión de incorporación ao curso escolar 2023/2024 obtiveron praza.
A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
CRITERIO COMPLEMENTARIO DE CENTRO :
Acórdase establecer como criterio complementario que o domicilio familiar do/a alumno/a se atope nas áreas de influencia de cada unha das escolas. Deberá creditarse esta situación polos mesmos procedementos expostos no Decreto 13/2022 do 3 de febreiro e demáis disposicións legais que o desenvolvan. A puntuación que se engadirá será de 1 punto.
CADRO DE VACANTES PARA O CURSO 2023-2024
Escola Unidade |
Postos escolares |
Parroquias de influencia |
Postos ocupados |
Vacantes |
|
CARRIO |
20 |
San Salvador |
10 |
10 |
|
GUÍSAMO (3 unidades) |
18x3=54 |
Guísamo, Sta. Marta |
4º |
0 |
18 |
5º |
10 |
8 |
|||
6º |
13 |
5 |
|||
LUBRE |
20 |
Lubre |
11 |
9 |
|
SILVOSO |
20 |
Ouces,Moruxo |
11 |
9 |
|
VIXOI |
20 |
Vixoi, Rois, Cortiñán |
9 |
11 |
|
|
|
|
|
|
|
7 UNIDADES |
134 |
Bergondo |
64 |
70 |
NORMATIVA DE APLICACIÓN:
- DECRETO 13/2022 , de 3 de febrero, por el que se regula la admisión del alumnado en los centros subvencionados con fondos públicos que impartan enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato regulados en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo , en educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B).
Formalización da matrícula para o curso 2022-2023
Información relativa á matricula no CRA de Bergondo:
O centro envia a documentación desde o seguinte correo : matriculacradebergondo@gmail.com
Se alguén non recibe o correo electrónico pode contactar co 981791896 (de luns a xoves de 11:30 a 12:45)
No correo electrónico van as instruccións e os documentos que hai que cubrir e presentar, así coma a cita para facelo na sede do CRA de Bergondo.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
1)Documento de formalización de matrícula (anexo III-1). (PDF adxunto no correo electrónico)
2)Cuestionario para as familias sobre a lingua materna. (PDF adxunto no correo electrónico)
3)Informe de saúde do/a pediatra (documento orixinal)
4)Tarxeta de asistencia sanitaria do neno/a (documento orixinal)
5)Dúas fotos tamaño carnet do/a neno/a co nome e apelidos escritos no reverso.
No suposto de estar admitido/a e non formalizar a matrícula, entenderase que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.
CONVOCATORIA AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 22-23
Desde o 19 de maio e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para solicitar a beca para alumnado con neae.
Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
Así mesmo, poderán solicitar as axudas alumnado con Trastorno do Espectro Autista e os alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.
As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo. Toda a información no enlace e no blog do Departamento de Orientación: ENLACE
Plan de adaptación ao contexto COVID. Plan de continxencia.
Actualización do protocolo covid a 14 de xaneiro de 2022:
Que debemos facer se hai covid nun centro educativo:
Documentos para o coñecemento e difusión entre a comunidade educativa:
PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-CURSO 2021/2022
Matrícula para o curso 2021-2022
Dende a Secretaría do C.R.A. de Bergondo lembramos que poden formalizar a matrícula acudindo coa cita previa asignada por correo á SEDE ADMINISTRATIVA do centro (preto da Casa do Concello).
Enviouse toda a información ao correo electrónico que deixaron cando fixeron a solicitude de praza.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Documento de formalización de matrícula (anexo III-1). (PDF adxunto)
• Cuestionario para as familias sobre a lingua materna. (PDF adxunto)
• Informe de saúde do/a pediatra (documento orixinal)
• Tarxeta de asistencia sanitaria (documento orixinal)
• Dúas fotos tamaño carnet do/a neno/a co nome e apelidos escritos na parte de atrás.
No suposto de estar admitido/a e non formalizar a matrícula, entenderase que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2021-2022
Información unha vez rematado o prazo de presentación:
TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS ESTÁN ADMITIDAS
Para calquer consulta ou dúbida, podedes contactarnos no seguinte enderezo : cra.bergondo@edu.xunta.es
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
1) Anexo II : o formulario normalizado (ED550B)
https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf
As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Precísase Chave365 ou Certificado Dixital para presentalo na Sede Electrónica.
Tamén se poderán presentar de forma presencial na sede administrativa do CRA de Bergondo, sempre e cando sexa este o centro solicitado en primeiro lugar.
É PRECISO CONCERTAR CITA PREVIA NO TELÉFONO
981 79 18 96
OU NO SEGUINTE CORREO
cra.bergondo@edu.xunta.es
Cada solicitante presentará unha única solicitude asinada polos dous proxenitores ou polos titores legais . A solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar.
2) DNI ou libro de familia, para acreditar a data de nacemento. Certificado de escolarización, en casos de traslado de centro.
3) DNI do pai e da nai ou dos titores legais.
4) Certificado de empadroamento.
Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.
*****TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ SER ORIXINAL OU COPIA COTEXADA*****
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1 DE MARZO ao 22 DE MARZO do 2021.
O Consello Escolar do C.R.A. de Bergondo, acordou establecer o seguinte criterio complementario de centro:
Xornada de información telemática
Dada a situación actual, este ano queda suspendida a Xornada de Portas Abertas nas escolas do CRA de Bergondo.
Pincha AQUÍ e poderás ver o noso vídeo presentación das escolas.
Poderedes falar coas mestras de cada unha das escolas de xeito telemático o martes 23 de febreiro pola tarde, para darvos información e resolver as dúbidas que vos xurdan.
Para solicitar cita con cada unha das titoras, podedes facelo nos seguintes enderezos electrónicos:
EEI de Carrio : cracarrio@gmail.com
Titora: Saleta Mendoza
Redes sociais da escola de Carrio
Blog : http://destinosaleta.blogspot.com/
Instagram : @escoladanatura
EEI de Lubre : cralubre@gmail.com
Titora: Ana Bravo
Redes sociais da escola de Lubre
Blog : http://escoladelubre.blogspot.com/
EEI de Guísamo : cadrados21@gmail.com
Titora: Silvia Montes
Redes sociais da escola de Guísamo (aula dos cadrados)
Blog : http://auladoscadrados.blogspot.com/
EEI de Silvoso : crasilvoso@gmail.com
Titora: Rosa Presedo
Redes sociais da escola de Silvoso
Blog : http://escoladesilvoso.blogspot.com/
Instagram : @crasilvoso
EEI de Vixoi : cravixoi@gmail.com
Titora: Eva Casanova
Redes sociais da escola de Vixoi
Blog : http://escoladevixoi.blogspot.com/
Instagram : @cravixoi
RESERVA DE PRAZA PARA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA NO CENTRO ADSCRITO (CPI CRUZ DO SAR)
Enviado por cra_bergondo o Sáb, 09/01/2021 - 13:52De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
PROCEDEMENTO A SEGUIR.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.
- De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa981 791896)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (GALEGO)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (CASTELÁN)
- De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado, debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.
RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN admisionalumnado: Solicitudes – Reserva – Crear
-
CENTRO ACTUAL: CRA DE BERGONDO
-
CÓDIGO DE CENTRO 15032561
-
-
CENTRO DE ADSCRICIÓN: CPI CRUZ DO SAR
-
CÓDIGO DE CENTRO 15001070
-
Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (CRA DE BERGONDO) ou na aplicación admisionalumnado.
- A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, polo que as familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2021.
Normativa de aplicación
-
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
INFORMACIÓN NO PORTAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Plan de adaptación ao contexto covid. Plan de continxencia. Programa de acollida.
No seguinte enlace, podedes consultar o protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 (versión 4-11-2020).
Outros documentos da Consellería de Educación:
Documentos elaborados polo centro que debe coñecer toda a comunidade educativa:
- O plan de adaptación ao contexto COVID.
Neste enlace, podedes consultar as instruccións do 30 de xullo das que se deriva o seguinte documento de centro:
Benvidos ao curso 2020-2021
Estimadas familias
o profesorado do C.R.A. de Bergondo queremos darvos a benvida a este novo curso 2020/21.
Sabemos das vosas preocupacións, dúbidas e inquedanzas e por iso queremos transmitirvos que para nós o máis importante e a saúde e o benestar das vosas fillas e fillos e niso estamos traballando. Tomando como base o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 publicado pola Consellería de Educación estamos traballando na súa adaptación á nosa realidade, con medidas específicas de tipo organizativo, pedagóxico e preventivo, para que este curso se poida desenvolver coas máximas garantías.
Nos próximos días daremos a coñecer este Plan de Adaptación xunto con outras instruccións, informacións e datas das reunións de cada unha das escolas. Nestas reunións de principios de curso, que teredes coas titoras, recibiredes a información máis detallada de cada aula e podedes plantexar dudas e inquedanzas que vos poidan xurdir.
Agradecemos que descarguedes nos vosos móbiles a App Abalar Mobil da Consellería de Educación, pola que recibiredes avisos, informacións e as cualificacións dos vosos fillos e fillas.
Agradecemos, coma sempre, a confianza que depositades en nós e pedimos a vosa colaboración unha vez máis para esta andaina.
Formalización da matrícula para o curso 2019/20
MATRÍCULA NO C.R.A. DE BERGONDO
(do 20 ao 30 de xuño)
Documentación a presentar:
-
Documento de formalización de matrícula (Anexo III-1)
(Enviado por correo desde o centro)
-
Cuestionario para as familias sobre a lingua materna
(Enviado por correo desde o centro)
-
Cuestionario de recollida de datos para o programa informático (Enviado por correo desde o centro)
-
Certificado médico
-
Tarxeta de asistencia sanitaria
-
Volante de empadroamento colectivo (se non se presentou previamente)
-
Dúas fotos do/a neno/a (tamaño carnet)
TODOS OS DOCUMENTOS DEBEN SER ORIXINAIS
No suposto de estar admitidos/as e non formalizar a matrícula no prazo establecido, entenderase que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.
Proceso de admisión de alumnado 2020-2021
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2020-21
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
1) Anexo II : o formulario normalizado (ED550B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» e descargable como adxunto nesta mensaxe.
-
As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
-
Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.
Cada solicitante presentará unha única solicitude asinada polos dous proxenitores ou polos titores legais . A solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar.
2) DNI ou libro de familia, para acreditar a data de nacemento. Certificado de escolarización, en casos de traslado de centro.
3) DNI do pai e da nai ou dos titores legais.
4) Volante de empadroamento.
-
Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.
TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ SER ORIXINAL OU COPIA COTEXADA
O Consello Escolar do C.R.A. de Bergondo, acordou establecer o seguinte criterio complementario de centro:
Matrícula
MATRÍCULA NO C.R.A. DE BERGONDO
(do 20 ao 30 de xuño)
Documentación a presentar:
-
Documento de formalización de matrícula (Anexo III-1) Enviado por correo desde o centro
-
Cuestionario para as familias sobre a lingua materna
Enviado por correo desde o centro
-
Cuestionario de recollida de datos para o programa informático. Enviado por correo desde o centro
-
Certificado médico
-
Tarxeta de asistencia sanitaria
-
Volante de empadroamento colectivo (se non se presentou previamente)
-
Dúas fotos do/a neno/a (tamaño carnet)
TODOS OS DOCUMENTOS DEBEN SER ORIXINAIS
No suposto de estar admitidos/as e non formalizar a matrícula no prazo establecido, entenderase que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.
Matrícula curso 2015-2016
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:
CURSO 2015-16
Na Orde do 12 de marzo de 2013, pódese atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato.
Resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:
- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.
- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I Cruz do Sar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.
- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.
- Os alumnos que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). Ou descárgalo na dirección http://www.edu.xunta.es/web/node/14293
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.
Por coincidir o día 20 de marzo festivo, o prazo de presentación rematará o luns día 23 de marzo na sede do CRA, á carón do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves.
- O ANEXO II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.
- Os alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:
1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.
2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).
Para calquera dúbida ou aclaración podédesvos por en contacto connosco chamando ao número de teléfono 981791896 (número da Sede do CRA) ou ben acudindo á mesma no horario anteriormente mencionado.
BENVIDA AO CURSO 2014-2015.Reunións.
Benvidos ao novo curso escolar 2014-2015
Agardamos que sexa un fabuloso curso para toda a comunidade educativa á que pertencemos.
As reunións que van ter lugar as escolas xa teñen data e hora.
Agardamos vervos para compartir a información e dárvola benvida en persoa.
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA: CURSO 2014-15
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:
CURSO 2014-15
A través desta entrada informarmos sobre os pasos a seguir para matricular aos vosos fillos no noso centro.
Na Orde do 12 de marzo de 2013, podedes atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:
- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.
- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I Cruz do Sar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.
- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.
- Os alumnos que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.
Por coincidir os días 3, 4 e 5 de marzo período de vacacións do Entroido, comezará a presentación de solicitudes o día 6 na sede do CRA, á carón do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves.
- O ANEXO II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.
- Os alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:
1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.
2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).
De seguido adxuntamos o LISTADO DE POSTOS ocupados e vacantes previstos no CRA de Bergondo para o curso 2014-2015.
POSTOS ESCOLARES |
ESCOLA/Unidade |
Parroquias de influencia |
Postos ocupados |
VACANTES |
20 x 2 = 40 |
CARRIO (2 unidades) |
San Salvador |
9 + 9 = 18 |
11+ 11 = 22 |
18 x 3 = 54 |
GUÍSAMO (3 unidades) |
Guísamo, Santa Marta |
14+ 12 = 26 |
18+ 4+ 6= 28 |
20 |
LUBRE |
Lubre |
7 |
13 |
20 |
SILVOSO |
Ouces , Moruxo |
9 |
11 |
20 |
VIXOI |
Vixoi, Rois, Cortiñán |
9 |
11 |
154 |
8 unidades |
BERGONDO |
69 |
85 |
Para calquera dúbida ou aclaración podédesvos por en contacto connosco chamando ao número de teléfono 981791896 (número da Sede do CRA) ou ben acudindo á mesma no horario anteriormente mencionado.
NOVIDADES no PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2013-2014
A partires do día 5 e ata o 17 de Abril, comeza o
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
no segundo ciclo de Educación Infantil en centros docentes
sostidos con fondos públicos, segundo a Orde de 12 de marzo
de 2013 (DOG do 15)
O documento para a SOLICITUDE DE ADMISIÓN no
Colexio Rural Agrupado de Bergondo, do que forman parte as
Escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Silvoso e maila de Vixoi,
recollerase na sede do mesmo, no edificio ó carón do Concello,
en HORARIO de 9:00 ás 13:30 horas, ou se pode descargar da
web da Consellería de Educación ( ANEXO II-Solicitude
Xunto coa devandita SOLICITUDE DE ADMISIÓN deberase
presentar a seguinte documentación xustificativa:
● Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais-titores legais
e copia do Libro de Familia.
● Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade
familiar.
ADMISION DE MATRÍCULA CURSO 2013-2014
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2013-2014
AVISO IMPORTANTE
O día 15 de xaneiro de 2013, entrou en vigor o Decreto 254/2012, do 13 decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O decreto deroga expresamente todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan á nova regulación e, en particular, o Decreto 30/2007, do 15 de marzo, e a Orde do 17 de marzo de 2007, polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, debe aprobar a correspondente orde que, en desenvolvemento do Decreto 254/2012, determine todas as cuestións procedementais e de xestión propias do proceso de admisión de alumnado.
En consecuencia, o proceso de admisión de alumnado para o próximo curso2013-2014 iniciarase logo da aprobación da devandita norma xurídica, conforme aos prazos e o procedemento que esta determine.
A partires do 14 de Marzo , data de publicación no DOG da norma que rexirá o proceso de admisión do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil nos centros sostidos con fondos públicos, publicaremos as vacantes e as datas de presentación das solicitudes.
O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recollerase e presentarase cuberto na sede do CRA, no edificio ó carón do Concello .
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación xustificativa:
-
Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais/nais/titores legais.
-
Fotocopia do Libro de Familia.
-
Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade familiar.
-
NO CASO DE NON PODER ASINAR OS 2 TITORES, pai e nai, deben adxuntar autorización do cónxuge-parella que non asinou, autorizando a escolarización no C.R.A. De Bergondo, ou sentencia de separación-convenio regulador
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2012-2013
AVISO IMPORTANTE
A partires do 1 de Marzo e ata o 10 de Abril comeza o proceso de admisión do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil nos centros sostidos con fondos públicos, segundo a Orde do 17 de Marzo de 2007.
O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recollerase e presentarase cuberto na sede do CRA, no edificio ó carón do Concello e en horario de Secretaría:
Martes e Xoves de 9 a 11 horas.
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación xustificativa:
-
Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais/nais/titores legais, e copia do Libro de Familia.
-
Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade familiar.
-
NO CASO DE NON PODER ASINAR OS 2 TITORES, pai e nai, deben adxuntar autorización do cónxuge-parella que non asinou, autorizando a escolarización no C.R.A. De Bergondo, ou sentencia de separación-convenio regulador
ADMISIÓN DO ALUMNADO
AVISO IMPORTANTE
A partires do 1 e ata o 31 de Marzo comeza o proceso de admisión do alumnoado do segundo ciclo de infantil nos centros sostidos con fondos públicos, segundo a Orde do 17 de Marzo de 2007.
O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recolleranse na Sede do CRA, sita a carón do Concello e en horario de Secretaría:
FESTIVO
Enviado por admin4 o Xov, 04/03/2010 - 08:57O día 19 de Marzo, San Xosé, é o día do Pai.
Este ano é festivo; así que a desfrutar das figuras paternas: pais, padriños, tíos e avós...
E felicidades aos Xosés, Xoses, Pepes, Xosefas, Xosefinas, Pepas, Pepitas, etc.
FESTA DE NADAL
Enviado por admin3 o Mér, 16/12/2009 - 13:47A festa de Nadal para os cativos terá lugar o día 18 no Edificio Social do Concello.