Audición e Linguaxe

O blogue de Audición e Linguaxe

Atoparedes recomendacións, materiais e toda a información sobre a linguaxe no blogue de Audición e Linguaxe :

 

 

http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/

 

Especialista : Mª Dolores Fernández López

 

Orientacións para a estimulación da linguaxe oral

 

CONSELLOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL

  • Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.
  • Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable é ampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.
  • Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar.
  • Ensinarlle a pedir as cousas correctamente evitando que use xestos ou monosílabos.
  • Non respostar no lugar do/a neno/a. É importante que fagamos preguntas que impliquen unha resposta máis elaborada ca un simple “si” ou “non”.
  • Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. O/a neno/a utiliza esta linguaxe infantil porque se atopa nese momento evolutivo, pero non debemos imitar a súa maneira de falar,senón proporcionarlle o modelo correcto.
  • Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentirse maior.
Distribuir contido