Secretaría
Proxecto Educativo de Centro (PEC)
Acceso ao díptico do P.E.C. do C.R.A. de Bergondo no arquivo adxunto :
Matrícula curso 2015-2016
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:
CURSO 2015-16
Na Orde do 12 de marzo de 2013, pódese atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato.
Resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:
- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.
- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I Cruz do Sar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.
- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.
- Os alumnos que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). Ou descárgalo na dirección http://www.edu.xunta.es/web/node/14293
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.
Por coincidir o día 20 de marzo festivo, o prazo de presentación rematará o luns día 23 de marzo na sede do CRA, á carón do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves.
- O ANEXO II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.
- Os alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:
1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.
2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).
Para calquera dúbida ou aclaración podédesvos por en contacto connosco chamando ao número de teléfono 981791896 (número da Sede do CRA) ou ben acudindo á mesma no horario anteriormente mencionado.
BENVIDA AO CURSO 2014-2015.Reunións.
Benvidos ao novo curso escolar 2014-2015
Agardamos que sexa un fabuloso curso para toda a comunidade educativa á que pertencemos.
As reunións que van ter lugar as escolas xa teñen data e hora.
Agardamos vervos para compartir a información e dárvola benvida en persoa.
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA: CURSO 2014-15
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:
CURSO 2014-15
A través desta entrada informarmos sobre os pasos a seguir para matricular aos vosos fillos no noso centro.
Na Orde do 12 de marzo de 2013, podedes atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:
- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.
- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I Cruz do Sar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.
- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.
- Os alumnos que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.
Por coincidir os días 3, 4 e 5 de marzo período de vacacións do Entroido, comezará a presentación de solicitudes o día 6 na sede do CRA, á carón do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves.
- O ANEXO II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.
- Os alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:
1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.
2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).
De seguido adxuntamos o LISTADO DE POSTOS ocupados e vacantes previstos no CRA de Bergondo para o curso 2014-2015.
POSTOS ESCOLARES |
ESCOLA/Unidade |
Parroquias de influencia |
Postos ocupados |
VACANTES |
20 x 2 = 40 |
CARRIO (2 unidades) |
San Salvador |
9 + 9 = 18 |
11+ 11 = 22 |
18 x 3 = 54 |
GUÍSAMO (3 unidades) |
Guísamo, Santa Marta |
14+ 12 = 26 |
18+ 4+ 6= 28 |
20 |
LUBRE |
Lubre |
7 |
13 |
20 |
SILVOSO |
Ouces , Moruxo |
9 |
11 |
20 |
VIXOI |
Vixoi, Rois, Cortiñán |
9 |
11 |
154 |
8 unidades |
BERGONDO |
69 |
85 |
Para calquera dúbida ou aclaración podédesvos por en contacto connosco chamando ao número de teléfono 981791896 (número da Sede do CRA) ou ben acudindo á mesma no horario anteriormente mencionado.
NOVAS: REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO 2013-2014
As reunións de principio de curso das diferentes escolas do CRA de Bergondo, terán lugar coas seguintes datas e horarios:
NOVIDADES no PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2013-2014
A partires do día 5 e ata o 17 de Abril, comeza o
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
no segundo ciclo de Educación Infantil en centros docentes
sostidos con fondos públicos, segundo a Orde de 12 de marzo
de 2013 (DOG do 15)
O documento para a SOLICITUDE DE ADMISIÓN no
Colexio Rural Agrupado de Bergondo, do que forman parte as
Escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Silvoso e maila de Vixoi,
recollerase na sede do mesmo, no edificio ó carón do Concello,
en HORARIO de 9:00 ás 13:30 horas, ou se pode descargar da
web da Consellería de Educación ( ANEXO II-Solicitude
Xunto coa devandita SOLICITUDE DE ADMISIÓN deberase
presentar a seguinte documentación xustificativa:
● Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais-titores legais
e copia do Libro de Familia.
● Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade
familiar.
ADMISION DE MATRÍCULA CURSO 2013-2014
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2013-2014
AVISO IMPORTANTE
O día 15 de xaneiro de 2013, entrou en vigor o Decreto 254/2012, do 13 decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O decreto deroga expresamente todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan á nova regulación e, en particular, o Decreto 30/2007, do 15 de marzo, e a Orde do 17 de marzo de 2007, polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, debe aprobar a correspondente orde que, en desenvolvemento do Decreto 254/2012, determine todas as cuestións procedementais e de xestión propias do proceso de admisión de alumnado.
En consecuencia, o proceso de admisión de alumnado para o próximo curso2013-2014 iniciarase logo da aprobación da devandita norma xurídica, conforme aos prazos e o procedemento que esta determine.
A partires do 14 de Marzo , data de publicación no DOG da norma que rexirá o proceso de admisión do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil nos centros sostidos con fondos públicos, publicaremos as vacantes e as datas de presentación das solicitudes.
O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recollerase e presentarase cuberto na sede do CRA, no edificio ó carón do Concello .
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación xustificativa:
-
Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais/nais/titores legais.
-
Fotocopia do Libro de Familia.
-
Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade familiar.
-
NO CASO DE NON PODER ASINAR OS 2 TITORES, pai e nai, deben adxuntar autorización do cónxuge-parella que non asinou, autorizando a escolarización no C.R.A. De Bergondo, ou sentencia de separación-convenio regulador
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2012-2013
AVISO IMPORTANTE
A partires do 1 de Marzo e ata o 10 de Abril comeza o proceso de admisión do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil nos centros sostidos con fondos públicos, segundo a Orde do 17 de Marzo de 2007.
O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recollerase e presentarase cuberto na sede do CRA, no edificio ó carón do Concello e en horario de Secretaría:
Martes e Xoves de 9 a 11 horas.
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación xustificativa:
-
Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais/nais/titores legais, e copia do Libro de Familia.
-
Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade familiar.
-
NO CASO DE NON PODER ASINAR OS 2 TITORES, pai e nai, deben adxuntar autorización do cónxuge-parella que non asinou, autorizando a escolarización no C.R.A. De Bergondo, ou sentencia de separación-convenio regulador
ADMISIÓN DO ALUMNADO
AVISO IMPORTANTE
A partires do 1 e ata o 31 de Marzo comeza o proceso de admisión do alumnoado do segundo ciclo de infantil nos centros sostidos con fondos públicos, segundo a Orde do 17 de Marzo de 2007.
O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recolleranse na Sede do CRA, sita a carón do Concello e en horario de Secretaría: