Matrícula curso 2015-2016
INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:
CURSO 2015-16
Na Orde do 12 de marzo de 2013, pódese atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato.
Resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:
- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.
- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I Cruz do Sar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.
- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.
- Os alumnos que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). Ou descárgalo na dirección http://www.edu.xunta.es/web/node/14293
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.
Por coincidir o día 20 de marzo festivo, o prazo de presentación rematará o luns día 23 de marzo na sede do CRA, á carón do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a xoves.
- O ANEXO II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.
- Os alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:
1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.
2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).
Para calquera dúbida ou aclaración podédesvos por en contacto connosco chamando ao número de teléfono 981791896 (número da Sede do CRA) ou ben acudindo á mesma no horario anteriormente mencionado.