Escola de Guísamo

EEI de Guísamo

 

 

A escola de Guísamo está situada na parroquia de Santa Mª de Guísamo no centro da localidade xunto á igrexa. Ben comunicada, a escasos 30 metros da estrada N-VI.

O edificio comparte instalacións coa gardería municipal que acolle a nenos/as de 0 a 3 anos.

No edificio contamos con tres unidades-aulas, as aulas teñen unha superficie de 30 metros cadrados con servizos incorporados e orientadas ó norte. A zona exterior destinada para o segundo ciclo ten un porche cuberto de 60 metros cadrados e zona verde con céspede de 450 metros cadrados.

No interior do edificio tamén contamos cun despacho e unha sala de profesores, un amplo distribuidor onde se fai a psicomotricidade e que compartimos coa gardería.

Teléfono : 981780537

 

Se premedes nas imaxes iredes ao seus blogues, onde atoparedes máis información :

AULA DOS TRIÁNGULOS: Titora: Julia Golán Rodríguez

 

 AULA DOS CÍRCULOS: Titora:Silvia Conchado Parada

  

 

AULA DOS CADRADOS: Titora: Mónica Pazos Regueiro

 

Distribuir contido