Escola de Lubre
EEI de Lubre
Titora : Ana Bravo Martín
A unidade de Lubre está situada no lugar de Ruadalama, na parroquia de Lubre. Pola súa situación benefíciase das vantaxes dos núcleos urbanos próximos (Sada, Betanzos e A Coruña), pero ó mesmo tempo segue mantendo o seu espírito rural, o que se manifesta na educación dos rapaces.
O centro escolar atópase nunha finca duns 900 metros cadrados, completamente illada con dous peches, un para peóns e outro para automóviles. O edificio principal, de planta rectangular, duns 110 metros cadrados consta de dúas aulas, unha de traballo e outra de lecer, ámbalas dúas comunicadas por unha ampla porta de dúas follas. Os dous cuartos teñen porta independente de entrada dende o exterior e dispoñen de luz natural grazas a que contan cada unha delas con tres amplos ventanais. Na porta de entrada d@s cativ@s existe unha rampa de acceso para facilitar o acceso a o centro.
Teléfono : 981791172
Correo : cralubre@gmail.com
Blogue da escola (premede na imaxe para acceder)