Proxecto Progress
Actividades feitas
As actividades que levamos a cabo cos nenos/as do noso centro en relación á consecución dos obxectivos relativos a este proxecto foron:
- Visita da escola de Silvoso a os anciáns do Fogar Comunitario de Gandarío
- Visita de Alicia e David (internos do Centro de minusválidos físicos de Fiobre) á escola de Vixoi
- Clase de ed. vial práctica por parte da policía municipal do concello de Bergondo
- Obra de teatro por parte do Taller de memoria dos maiores de Bergondo
- Visita das escolas de Silvoso, Carrio, Lubre e Vixoi ao centro de minusválidos físicos de Fiobre e visita de persoas representantes do mesmo ás escolas de Guísamo
- Traballo de contos e actividades individuais nas diferentes escolas tendo en conta as idades dos nenos/as
- Unidades didácticas feitas co encerado Smart referentes a este tema, elaboración dunha fábula referente ao enriquecemeto da diversidade
- Fin de curso, homenaxe a Viqueira