ADMISION DE MATRÍCULA CURSO 2013-2014
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2013-2014
AVISO IMPORTANTE
O día 15 de xaneiro de 2013, entrou en vigor o Decreto 254/2012, do 13 decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O decreto deroga expresamente todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan á nova regulación e, en particular, o Decreto 30/2007, do 15 de marzo, e a Orde do 17 de marzo de 2007, polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, debe aprobar a correspondente orde que, en desenvolvemento do Decreto 254/2012, determine todas as cuestións procedementais e de xestión propias do proceso de admisión de alumnado.
En consecuencia, o proceso de admisión de alumnado para o próximo curso2013-2014 iniciarase logo da aprobación da devandita norma xurídica, conforme aos prazos e o procedemento que esta determine.
A partires do 14 de Marzo , data de publicación no DOG da norma que rexirá o proceso de admisión do alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil nos centros sostidos con fondos públicos, publicaremos as vacantes e as datas de presentación das solicitudes.
O documento para a solicitude de admisión no Colexio Rural Agrupado de Bergondo do que forman parte as escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Ouces (Silvoso) e Vixoi recollerase e presentarase cuberto na sede do CRA, no edificio ó carón do Concello .
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación xustificativa:
-
Fotocopia do DNI-NIE-Pasaporte dos pais/nais/titores legais.
-
Fotocopia do Libro de Familia.
-
Volante de empadroamento da nena ou neno e unidade familiar.
-
NO CASO DE NON PODER ASINAR OS 2 TITORES, pai e nai, deben adxuntar autorización do cónxuge-parella que non asinou, autorizando a escolarización no C.R.A. De Bergondo, ou sentencia de separación-convenio regulador