Proceso de Admisión de novo alumnado , curso 2024/2025
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
A solicitude ED55OB presentaráse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática :
" admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderase presentar as solucitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave, CHAVE 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexoII-bis).
Cando falte o consentimento expreso da outra persoa proxenitora para a escolarización, mentres non se produza a resolución xudicial nos termos previstos no artigo 156 do Código Civil, manteráse a situación de escolarización existente, se a houbese; no caso contrario, escolarizaráse o menor, provisionalmente, tendo en conta a solicitude e o certificado de convivencia.
Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN :
Do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2024.