Matrícula para o curso 2021-2022
Dende a Secretaría do C.R.A. de Bergondo lembramos que poden formalizar a matrícula acudindo coa cita previa asignada por correo á SEDE ADMINISTRATIVA do centro (preto da Casa do Concello).
Enviouse toda a información ao correo electrónico que deixaron cando fixeron a solicitude de praza.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Documento de formalización de matrícula (anexo III-1). (PDF adxunto)
• Cuestionario para as familias sobre a lingua materna. (PDF adxunto)
• Informe de saúde do/a pediatra (documento orixinal)
• Tarxeta de asistencia sanitaria (documento orixinal)
• Dúas fotos tamaño carnet do/a neno/a co nome e apelidos escritos na parte de atrás.
No suposto de estar admitido/a e non formalizar a matrícula, entenderase que renuncia á praza escolar no C.R.A. de Bergondo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO III-1_FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.pdf | 153.09 KB |
CUESTIONARIO_LINGUA MATERNA.pdf | 518.71 KB |