Skip to Content

Visita do alumnado de Secundaria ao museo de Pontevedra.

No pasado día 05 de marzo, o noso alumnado de secundaria tivo a oportunidade de desfrutar dunha enriquecedora visita ao Museo de Pontevedra. Esta excursión cultural permitiunos mergullarnos na fascinante historia e arte da nosa rexión.

Durante a visita, os estudantes puideron explorar as diversas galerías e exposicións do museo, descubrindo obras de arte de grande valor histórico e artístico, así como tamén pezas arqueolóxicas e etnográficas que nos axudan a comprender mellor a nosa cultura e patrimonio.

 

Esta experiencia educativa non só enriqueceu o coñecemento dos nosos alumnos sobre a arte e a historia da nosa rexión, senón que tamén lles proporcionou unha oportunidade única para apreciar e valorar o noso rico patrimonio cultural.

Actividade física e espírito de equipo no rocódromo de Lugo

O noso alumnado de secundaria tivo un día emocionante e cheo de aventuras cando visitou o rocódromo de Lugo. Nesta excursión, promovida dentro do Plan Proxecta, os estudantes tiveron a oportunidade de poñer á proba as súas habilidades de escalada mentres desfrutaban dun ambiente divertido e seguro.

 

No rocódromo, os nosos alumnos recibiron unha formación básica sobre técnicas de escalada e seguridade por parte de monitores cualificados. Despois de recibir estas instrucións, puideron enfrontarse aos diferentes muros de escalada que o rocódromo ofrece, desafiando a súa destreza física e mental mentres ascendían cara ao cume.

Esta experiencia non só promoveu a actividade física e o espírito de equipo entre os nosos estudantes, senón que tamén lles ensinou valores como a perseveranza, o esforzo e a superación persoal. Ademais, a visita ao rocódromo proporcionou unha oportunidade para que os nosos alumnos descubriran un novo deporte e unha nova maneira de desfrutar do tempo de lecer.

Visita á empresa da nosa vila veciña, Daviega en Chantada.

O pasado mes de febreiro, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria acudiu ata a Vila de Chantada para visitar a empresa Daveiga. Nesta empresa elaborar de forma semi-artesanal as famosas Galletas Mariñeiras, unha adaptación ao “pan de barco”, unha solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan de forma natural. 

Comezaron facendo un percorrido guiado por turnos polo obrador, onde lles mostraron  as etapas de fabricación. Ao rematar, recibiron a amable visita dun dos propietarios da empresa. Nesta visita, os nosos rapaces e rapazas foron agasallados 

 

cunha bolsa de tela con 4/5 modalidades diferentes de galletas para o seu desfrute.

 

Galicia Litoral en 3D

O noso centro educativo tivo o pracer de acoller unha exposición moi especial da Fundación Galicia Sustentable sobre a nosa Galicia litoral. Esta mostra ofrecía unha ollada única á riqueza dos nosos ecosistemas costeiros e ás súas importantes contribucións á nosa biodiversidade e á nosa cultura.

 

O noso alumnado puido sumerxirse nunha experiencia envolvente grazas á visita en realidade virtual, que lles permitiu explorar a costa litoral galega como nunca antes. Desde os seus encantadores acantilados ata as súas fermosas praias, pasando polos seus ríos e estuarios, a visita transportou aos asistentes nun emocionante percorrido polos distintos ecosistemas e paisaxes que conforman a nosa costa.

Máis aló de ofrecer unha experiencia visualmente impactante, a exposición tamén serviu para concienciar sobre a importancia da conservación e preservación dos nosos ecosistemas costeiros. A través de información detallada e recursos educativos, puideron aprender sobre as especies que habitan nestes entornos, así como sobre os retos ecolóxicos que enfrontamos e as medidas que podemos tomar para protexer a nosa costa e garantir a súa sustentabilidade no futuro.

 

Agradecemos á Fundación Galicia Sustentable por compartir con nós esta exposición tan enriquecedora e educativa, que sen dúbida deixou unha pegada duradeira nos nosos corazóns e na nosa conciencia ambiental

Non hai cousas de neno nin de nena, so de persoas.

O pasado mércores 13 de marzo, como parte das actividades programadas pola Concellería de Igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller, tivemos o privilexio de recibir o espectáculo "Non hai cousas de neno nin de nena, só de persoas", a cargo da compañía Moc Moc espectáculos e animación.

Este evento, que foi posible grazas aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Concello de Rodeiro, está deseñado especialmente para o público infantil. O alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI de Rodeiro tivo a oportunidade de disfrutar desta representación.

 

"Non hai cousas de neno nin de nena, só de persoas" é un espectáculo de contacontos con monicreques de Kamishibai, un teatro de papel xaponés. O seu obxectivo principal é educar na igualdade e na diversidade dende idades temperás, de maneira lúdica e comprensible para os máis pequenos.

 

Estamos entusiasmados por esta oportunidade única para o noso alumnado, que lle permitirá promover valores de igualdade e respeto dende idades temperás. Agradecemos á Concellería de Igualdade e á compañía Moc Moc espectáculos e animación por facer posible este evento tan especial

Charla para o alumnado de Secundaria “Sinais que marcan”.

 

O pasado 8 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla moi especial no Centro Cultural Municipal "Manuel Lamazares", promovida pola Concellaría de Igualdade do Concello de Rodeiro.  A destacada conferenciante Noelia Míguez Vázquez impartiu unha conferencia titulada "Sinais que marcan", onde compartiu en primeira persoa a súa historia como supervivente da violencia machista durante a súa adolescencia.

 

Noelia Míguez Vázquez é coñecida polo seu valente relato que foi plasmado no libro "8 sinais, cuestión de vida ou morte". Na conferencia, transmitiu de xeito directo e emocionante a súa experiencia, ofrecendo unha visión necesaria sobre este tema tan importante.

 

Esta charla non só ofreceu unha valiosa oportunidade para sensibilizar ao noso alumnado sobre a violencia machista, senón que tamén os inspirou a reflexionar sobre a importancia do apoio, a prevención e a loita contra este tipo de violencia na nosa sociedade.

 

Agradecemos a Noelia Míguez Vázquez por compartir con nós a súa experiencia e por axudarnos a concienciarnos sobre este tema tan relevante.

Exposición fotográfica “A muller rural: de onte e de hoxe”.

Para dar comezo á semana dedicada á conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, no CPI de Rodeiro, inaugurouse unha exposición única que presentou as fotografías do concurso "A muller rural: de onte e de hoxe"  promovido polo Concello de Rodeiro. A través destas imaxes, os noso alumnado e profesorado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a evolución da situación da muller en Rodeiro ao longo das décadas pasadas, así como sobre os cambios nos empregos e no tempo de lecer.

 

A exposición ofrece unha ollada íntima á vida das mulleres rurais, destacando os seus roles, desafíos e logros na comunidade ao longo do tempo. É unha ocasión para comprender mellor a súa contribución á nosa sociedade e para promover a igualdade de xénero no noso entorno rural.

 

Esperamos que disfrutaran desta oportunidade de reflexionar e celebrar xuntos o importante papel das mulleres rurais na nosa historia e no noso presente.

Semana Branca para o alumnado de Secundaria

Na semana do 09 ao 16 de marzo, un grupo de rapaces e rapazas de Secundaria, tivo a oportunidade de desfrutar dunha emocionante excursión á neve en Andorra. Durante unha semana chea de aventuras e aprendizaxes, os estudantes puideron vivir experiencias únicas nas pistas de esquí e nos entornos naturais de montaña.

 

Os días estiveron cheos de acción, coa práctica do esquí e do snowboard, guiados por instrutores profesionais que axudaron a mellorar as súas habilidades sobre a neve. Ademais, os nosos alumnos tamén tiveron tempo para descubrir a fermosa paisaxe nevada de Andorra acompañados dos seus profesores Tomás Porto Laya e Rosa Ana Sieiro Pérez. 

 

Non só se tratou dunha aventura deportiva, senón tamén dunha oportunidade para fortalecer a convivencia e o compañeirismo entre os estudantes, así como para aprender sobre o coidado do medio ambiente e a conservación da natureza.

Alumnado de 6º de Educación Primaria no Concurso radiofónico Ecovoz

O pasado 29 de febreiro, o noso alumnado de 6º de Primaria tivo a oportunidade de participar no concurso radiofónico Ecovoz nunha emocionante rolda de preguntas sobre ciencia.

 

Está organizado pola Emisora Radio Voz e todas as preguntas teñen que ver coas cousas que aprende o noso alumnado na materia de Coñecemento do Medio. Bueno todas non, porque hai un tipo de pregunta especial que vale o dobre que é a pregunta SOGAMA, sobre a reciclaxe dos residuos. 

 

Este evento ofrecéulles unha experiencia educativa única e divertida, onde puideron demostrar os seus coñecementos e habilidades nun ambiente competitivo e amigable, acompañados do seu profesor Fran Constantino Fernández. 

Na rolda de preguntas, realizada por videoconferencia, os nosos estudantes mostraron o seu interese e compromiso co medio ambiente e a ciencia, respondendo preguntas sobre temas como a sustentabilidade, a célula, o cambio climático e moitos outros aspectos relacionados co noso planeta.

 

Estamos orgullosos do esforzo e dedicación demostrados polo noso alumnado, así como do seu compromiso coa educación e a concienciación sobre cuestións ambientais. O concurso Ecovoz ofreceulle unha excelente oportunidade para aprender e compartir coñecementos sobre a importancia de coidar e protexer o noso medio ambiente. Estamos ansiosos por seguir participando en iniciativas que fomenten a concienciación ecolóxica na nosa comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut