Skip to Content

Artistas de Educación Infantil viaxaron polo mundo e universo.

Ao remate do segundo trimestre os nosos pequenos e pequenas artistas de Educación Infantil levaron as súas bolsiñas de traballos para casa. 

 

En 4⁰ de EI viaxaron a Xapón aprendendo moitas cousas da súa cultura

 

As nenas e nenos de 5º de EI coñeceron algunhas curiosidades sobre Ámsterdam e profundizaron nas obras de Van Gogh.

 

En 6⁰ de EI convertíronse en astronautas, viaxando polo espazo exterior.

 

Hoxe levan as súas obras de arte e traballos xunto cos ovos de chocolate que deixou o coelliño de Pascua polo cole.

 

 

 

8M - Día da muller

Competición de baloncesto e balonmán en Educación Primaria.

O  alumnado de Educación Primaria asistiu recentemente a unha competición intercentros de baloncesto e balonmán, na que participou alumnado doutros centros da contorna na localidade de Silleda. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria acudiu a esta cita o 16 de marzo.

 

Esta actividade forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva” denominada “Rodeiro respira actividade e deporte”

 

Aquí mostramos unha imaxe dunha das xornadas:

 

Espectáculo músico-teatral Vida de Rosalía.

 

O alumnado de Educación Infantil e Primaria asistiu o pasado 23 de febreiro, co gallo do Día de Rosalía, a un espectáculo músico-teatral sobre a vida de Rosalía de Castro na casa da cultura. O Día de Rosalía de Castro converteuse nos últimos anos nunha data importante no panorama cultural galego para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. 

Sinalar que se acordou recentemente que a celebración deste aniversario polo nacemento da nosa escritora pasara a ter lugar o 23 de febreiro e non o 24 de febreiro como acontecía ata agora, foi acordado tras o recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. 

 

A paleontóloga María Martinón agradece ao alumnado o seu traballo na conmemoración do 11-F.

O alumnado do noso centro recibiu as reaccións de científicas homenaxedas na táboa periódica das científicas elaborada para a conmemoración do 11-F. 

O alumnado participante recibiu como agasallo unha mensaxe de agarimo e agradecemento dalgunhas científicas galegas homenaxadas. 

Agradecemos ao docente José Luis Darriba as xestións realizadas para facerlle chegar o noso traballo e recibir a súa reacción. 

 

Velaquí a mensaxe de agarimo da prestixiosa paleontóloga María Martinón:

 

A astrónoma Josefina Ling Ling envíalle unha mensaxe de agarimo ao noso alumnado.

O alumnado do noso centro recibiu as reaccións de científicas homenaxedas na táboa periódica das científicas elaborada para a conmemoración do 11-F

Nesta ocasión, o alumnado participante recibiu a noraboa da prestixiosa astrónoma Josefina Ling Ling:

11F - Homenaxe a científicas para combater a fenda de xénero.

Os departamentos de Matemáticas, Física-Química & Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía, organizaron con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia unha actividade, pretende visibilizar o traballo dun pequeno grupo de científicas de diferentes ramas e momentos da historia. Deste xeito, preténdese crear roles femininos e favorecer a iguladade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. 

 

Partindo da idea de Teresa Valdés Solís, que elaborou no ano 2019 unha especial táboa periódica  composta por nomes de científicas, o noso alumnado de Educación Secundaria púxose mans á obra. 

As profesoras de ciencias organizaron a selección das científicas en diferentes disciplinas, priorizando no posible ás españolas e galegas, lamentablemente moi pouco coñecidas. Posteriormente, o alumnado realizou a busca de información sobre os feitos científicos relevantes de ata dúas científicas diferentes e elaborou un breve resumo. 

Con non pouco traballo, realizouse a montaxe final da nosa táboa de mulleres científicas, da que podedes ver aquí unha mostra: 

 

 

Lembranzas do Entroido. O meco manda que ...

 

Durante a semana do 13 ao 17 de febreiro as figuras dos Mecos, asignaron unha orde diaria para a nosa vestimenta para pasar uns días moi divertidos. 

O alumnado de Educación Secundaria, elaborou como no pasado ano a figura de varios mecos, nunha actividade organizada polo Departamento de EPVA

Velaquí unha mostra dos mecos situados ás portas do comedor escolar para Primaria e Secundaria

Intercentros de fútbol sala en Educación Primaria

O  alumnado de Educación Primaria asistiu recentemente a unha competición intercentros de fútbol sala, na que participou alumnado doutros centros da contorna. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria acudiu a esta cita o 24 de xaneiro, mentres que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu o pasado 15 de febreiro. 

 

Esta actividade forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva” denominada “Rodeiro respira actividade e deporte”

 

Aquí mostramos unhas imaxes das xornadas:

 

 

8 M - Día da Muller

O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de Marzo e conmemora a loita das mulleres nunha sociedade na que aínda queda moito que visibilizar na desigualdade de xénero. Por elo, a Concellería de Igualdade organiza a proxección do documental  “Mulleres de Rodeiro. Mudando o cotiá”. 

 

En cooperación co CPI de Rodeiro, acudirán a esta proxección o alumnado de Educación Secundaria ao Centro Cultural “Manuel Lamazares”. Posterior á proxección, o alumnado poderá participar nun coloquio coas protagonistas. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut