O alumnado de Educación Primaria asistiu recentemente a unha competición intercentros de fútbol sala, na que participou alumnado doutros centros da contorna. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria acudiu a esta cita o 24 de xaneiro, mentres que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu o pasado 15 de febreiro.
Esta actividade forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva” denominada “Rodeiro respira actividade e deporte”.
Aquí mostramos unhas imaxes das xornadas: