Skip to Content

Secretaría

Matrícula curso 2024-2025. CRITERIOS COMPLEMENTARIOS

O CPI de Rodeiro, no seu Consello Escolar do 4 de abril de 2013 aprobou  a non utilización do criterio complementario, o cal segue en vigor. 

Xúntase certificación no arquivo adxunto. 

Libros de texto 2023-24

A relación de libros de texto para o curso 2023-2024 e a que se especifica no arquivo adxunto.

Asimesmo, indicar que a relación definitiva de adxudicación dos libros de texto que utilizarán os alumnos do fondo solidario e os vales para adquirir libros e material escolar estarán a disposición dos interesados a partir do luns 3 de xullo de 2023.

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR - VALE DE 25€

No Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establecese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. 

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale adicional de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

Os vales deberán enpregarse preferentemente na librería/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Fondo Solidario de Libros de Texto 2022/23

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2022/23

 

 

 ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para a adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos  para o curso escolar 2022/2023.

 

Solicitudes e documentación:

  • Solicitude será única por solicitante para todos os fillos/as. Os alumnos/as que se matriculen para 3º,4º,5º e 6º de educación primaria e 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria solicitan participar no fondo solidario de libros de texto. Os alumnos/as que se matriculan en 1ºe 2º de educación primaria solicitan axudas de libros de texto.
  • Para poder participar é obrigatorio devolver os libros de texto adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021-2022, queda excluido deste obriga o alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
  • Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, terá que presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais que acrediten os  membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020.
  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar en primeiro grao, fotocopia compulsada do certificado do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% acreditado polo Equipo de Valoración e Orientación de Minusvalidez (EVO) da Consellería de Traballo e Benestar, ou fotocopia compulsada da resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou de pensionistas de clases pasivas que acredite unha pensión de gran invalidez.

A os efectos de cubrir a declaración xurada da renda per cápita familiar enténdese a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables (Suma dos recadros 435 e 460 da declaración conxunta ou suma dos recadros 435 e 460 das declaracións individuais do ano 2020 dividida entre o número de membros da unidade familiar).

 

Importe das axudas e fondos:

Renta per cápita

Familias con renta

ata 6000 €

Familias con renta

de 6000 a 10000 €

1º e 2º E. Primaria

210€

140€

Material E.P e E.S.O.

50€

-

Fondo 3º,4º,5º e 6º E.P.

6 Libros

4 Libros

Fondo 1º,2º, 3ºe 4º E.S.O.

6 Libros

4 Libros

 

Os alumnos/as devolverán os libros de texto antes do 22 de xuño de 2022.

As listaxes provisionais de solicitudes admitidas cos libros asignados de 3º,4º,5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º , 3º e 4º de ESO publicaranse antes do 27 de xuño de 2022.

As listaxes definitivas de solicitudes admitidas cos libros asignados de 3º,4º,5º e 6º de educación primaria publicaranse antes do 4 de xullo de 2022.

O centro entregará os libros de texto o inicio do curso 2022-2023.

Prazo de presentación:

Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 estará aberto o prazo para entregar solicitudes e documentación. As solicitudes  pódense obter, cubrir e imprimir na aplicación Fondolibros ou no propio centro, entregaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal.

 

Entrega de vales::

 

A entrega dos vales para adquirir libros de texto (1º e 2º Educación Primaria) e vales de material escolar (3º,4º,5º e 6º Educación Primaria e 1º,2º,3º e 4º Educación Secundaria) farase na semana do 4 ao 8 de xullo de 2022.

 

 

En Rodeiro a 21 de maio de 2022.

Orde Máscaras

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centro privados concertados no curso 2021/22.

Axudas e Fondo solidario de Libros de Texto 2021-22

Comunícase a tódolos/as pais/nais que os vales de libros de texto para 1º e 2º de educación primaria e vales de material para o resto de cursos xa se poden recoller na secretaría do centro ata o día 9 de xullo de 2021. En caso de non facelo recolleranse en setembro. 

Os listados do fondo solidario de libros de texto son os que a continuación se adxuntan.

En primaria son listados definitivos e en secundaria son provisionais pendentes de matriculación.Tamén están expostos na vidrieira principal do CPI de Rodeiro

LIBROS DE TEXTO 2021-22

Os libros de texto para o curso 2021-22 serán os que figuran no documento adxunto e son os mesmos que no curso académico anterior.

 

ALUMNADO COMEDOR ESCOLAR 2021-22

O alumnado que desexe facer uso do comedor escolar no curso 2021-22 deberá cubrir este impreso e entregalo no centro a maior brevidade posible e sempre  antes do 20 de setembro de 2021. Os impresos tamén se poden solicitar no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut