Skip to Content

Educación Primaria

Charla "Galicia litoral"

13/03/2024 09:30

Excursión á Coruña, Educación Primaria

Recordamos bos momentos deste curso escolar, como excursión a Coruña co alumnado de Educación Primaria. Durante a visita, tivemos a oportunidade de explorar lugares fascinantes e aprender cousas novas. Durante este día cheo de diversión, tivemos a oportunidade de explorar lugares fascinantes, entre eles a Casa das Ciencias e o Acuario.

 

Na Casa das Ciencias, os nosos pequenos científicos tiveron a oportunidade de participar en experimentos interactivos e fascinantes demostracións que espertaron a súa curiosidade e asombraron a súa imaxinación. Desde explorar a física das forzas e os movementos até adentrarse nas marabillas da natureza, cada rincón desta casa invitounos a descubrir e aprender de maneira divertida.

 

No acuario, as nosas pupilas abríronse ao fascinante mundo submarino. Marabillosas criaturas mariñas de todos os tamaños e cores nadaban ante os nosos ollos, levándonos a un mundo encantador. Aprendemos sobre a vida mariña e a súa conservación, e incluso tivemos a oportunidade de tocar algúns exemplares nunha experiencia táctil que nos encheu de emoción.

 

Sen esquecer as outras marabillas que visitamos na cidade, estes momentos inesquecibles quedaron capturados en imaxes que agora queremos compartir convosco. Esperamos que desfrutedes explorando as imaxes tanto como nós desfrutamos vivindo esta inesquecible aventura en A Coruña.

Gañadores da I Edición do certame literario PACO LAREO

O alumnado de 4º curso de Educación Primaria  resultou gañador  na súa categoría, da I Edición do Certame Literario Paco Lareo, organizado pola Fundación A Solaina de Piloño.  O concurso, que ten como finalidade   a promoción da creación literaria  en Lingua Galega entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria,  supón un novo  espazo para a expresión e creatividade literaria.

A obra gañadora, chamada    “A Granxa Revirada”   é  a historia dunha granxa moi especial: unha granxa onde poucas cousas teñen sentido e onde parece que todo acontece do revés, de aí o seu nome. Pese a iso, nela reina a alegría, a diversión e a amizade. 

“A Granxa Revirada”  é un poemario que se fai coa única intención de achegar a poesía ao alumnado desde o divertimento e o disfrute: é un acercamento ás rimas, ás repeticións, ás onomatopeas… que se realiza a través do coñecemento do seu mundo máis próximo, o rural.

Trátase dunha iniciativa impulsada desde os proxectos “Radio Escolar” e “Videotubers Rodeiro” para a mellora da Competencia en Comunicación Lingüística  por medio da integración das TIC´s na creación de poemas: a súa lectura, escritura, audición, recitado, gravado, musicado…

 

Moitos parabéns rapaces! 


Se desexas ver esta noticia nos medios de comunicación, podes ler a nova no Faro de Vigo.

Competición de baloncesto e balonmán en Educación Primaria.

O  alumnado de Educación Primaria asistiu recentemente a unha competición intercentros de baloncesto e balonmán, na que participou alumnado doutros centros da contorna na localidade de Silleda. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria acudiu a esta cita o 16 de marzo.

 

Esta actividade forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva” denominada “Rodeiro respira actividade e deporte”

 

Aquí mostramos unha imaxe dunha das xornadas:

 

Espectáculo músico-teatral Vida de Rosalía.

 

O alumnado de Educación Infantil e Primaria asistiu o pasado 23 de febreiro, co gallo do Día de Rosalía, a un espectáculo músico-teatral sobre a vida de Rosalía de Castro na casa da cultura. O Día de Rosalía de Castro converteuse nos últimos anos nunha data importante no panorama cultural galego para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. 

Sinalar que se acordou recentemente que a celebración deste aniversario polo nacemento da nosa escritora pasara a ter lugar o 23 de febreiro e non o 24 de febreiro como acontecía ata agora, foi acordado tras o recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. 

 

A cabaleira. Un contacontos especial ao estilo medieval.

O vindeiro día 22 de novembro o Centro Cultural “Manuel Lamazares” acollerá a obra A Cabaleira, da compañía Medievándalos. Esta obra é unha proposta teatral para abordar entre as crianzas de 6 a 12 anos a igualdade entre homes e mulleres e encádrase na programación do Concello de Rodeiro para conmemorar o 25 de novembro, Día para a eliminación da violencia contra as mulleres.

 

A hora da actuación é as 10:30h. e en cooperación co CPI de Rodeiro acudirán a vela todo o alumnado de primaria do centro escolar.

 

Con ciencia de muller - Educación Primaria

 

 

 

O pasado mércores 19 de outubro tivo lugar a actividade Con ciencia de muller para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro.

Unha animadora, caracterizada como científica, presentou de forma lúdica a algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras. Na presentación intercalaráronse experimentos sorprendentes para o alumnado que realizaron eles/as mesmos/as, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas. 

Nos últimos minutos, a monitora falou da situación das mulleres na ciencia, aportando datos como que tan só o 20% das persoas científicas en España son mulleres. A rama STEM é menos preferida entre as mulleres polos roles establecidos socialmente. 

Tamén se mostraron exemplos e referentes de mulleres científicas como Ángeles AlvariñoRamona Vaamonde ou Begoña Vila Costas, e as aportacións que fixeron á comunidade científica nos seus respectivos campos de investigación.

 

Contos violetas - Educación Primaria

O pasado luns 17 de outubro organizouse a actividade encamiñada a fomentar a igualdade "Contos violetas" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro. 

Un conto pode ser unha ferramenta para acompañar ás crianzas nunha vida máis xusta, humana e liberadora. A través de historias mostrouse a diversidade entre as persoas, para animalas a que se  amosen como son. 

Distribuir contido


by Dr. Radut