O pasado luns 17 de outubro organizouse a actividade encamiñada a fomentar a igualdade "Contos violetas" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro.
Un conto pode ser unha ferramenta para acompañar ás crianzas nunha vida máis xusta, humana e liberadora. A través de historias mostrouse a diversidade entre as persoas, para animalas a que se amosen como son.