Skip to Content

Comedor

Menú da semana do 14 ó 18 de outubro de 2024

Menú da semana do 14 ó 18 de outubro de 2024

Menú comedor escolar

Menú da semana do 7 ó 11 de outubro de 2024

Medidas para proporcionar un ambiente seguro para o noso alumnado.

No noso compromiso de proporcionar un ambiente seguro e saudable para os nosos estudantes, temos o pracer de amosarlles a incorporación do dispositivo Dechoker nas nosas instalacións coa que contamos desde o comezo deste curso escolar. O Dechoker é unha ferramenta innovadora de primeira resposta deseñada para axudar en casos de atragantamento.

 

O atragantamento pode ocorrer en calquera momento e a súa rápida actuación é fundamental para evitar consecuencias graves. O dispositivo Dechoker é de fácil manexo e pode ser utilizado tanto por persoal educativo como por estudantes, proporcionando unha resposta inmediata ante unha situación de emerxencia.

 

Este dispositivo é capaz de eliminar obstrucións nas vías respiratorias de forma segura e eficaz, evitando asfixia e axudando a restablecer a respiración normal. A súa tecnoloxía innovadora e patentada permite a creación dunha forte presión negativa que aspira o obxecto atrapado, sen causar danos adicionais.

 

A seguridade e o benestar dos nosos estudantes son unha das nosas prioridades. Ao incluír o dispositivo Dechoker nas nosas instalacións, estamos tomando medidas proactivas para garantir unha resposta rápida e eficaz en caso de atragantamento. O dispositivo atópase no comedor, na sección do profesorado.  Continuaremos a traballar para proporcionar un ambiente seguro e protexido para a nosa comunidade educativa.

 

Para obter máis información sobre o dispositivo Dechoker e as súas características, facilitamos este vídeo explicativo:

 

Comedor Escolar 2022-23

Segundo a instrucción 2/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-23 os usuarios do comedor escolar deberán presentar o Anexo II durante o mes de setembro de 2022 na secretaría do CPI de Rodeiro.

O impreso será entregado o alumnado no inicio do curso 2022-23.

Distribuir contido


by Dr. Radut