O pasado mércores 19 de outubro tivo lugar a actividade Con ciencia de muller para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro.
Unha animadora, caracterizada como científica, presentou de forma lúdica a algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras. Na presentación intercalaráronse experimentos sorprendentes para o alumnado que realizaron eles/as mesmos/as, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas.
Nos últimos minutos, a monitora falou da situación das mulleres na ciencia, aportando datos como que tan só o 20% das persoas científicas en España son mulleres. A rama STEM é menos preferida entre as mulleres polos roles establecidos socialmente.
Tamén se mostraron exemplos e referentes de mulleres científicas como Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costas, e as aportacións que fixeron á comunidade científica nos seus respectivos campos de investigación.