Skip to Content

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR - VALE DE 25€

No Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establecese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. 

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale adicional de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

Os vales deberán enpregarse preferentemente na librería/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.



page | by Dr. Radut