Skip to Content

Fondo Solidario de Libros de Texto 2022/23

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2022/23

 

 

 ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para a adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos  para o curso escolar 2022/2023.

 

Solicitudes e documentación:

  • Solicitude será única por solicitante para todos os fillos/as. Os alumnos/as que se matriculen para 3º,4º,5º e 6º de educación primaria e 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria solicitan participar no fondo solidario de libros de texto. Os alumnos/as que se matriculan en 1ºe 2º de educación primaria solicitan axudas de libros de texto.
  • Para poder participar é obrigatorio devolver os libros de texto adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021-2022, queda excluido deste obriga o alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
  • Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, terá que presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais que acrediten os  membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020.
  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar en primeiro grao, fotocopia compulsada do certificado do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% acreditado polo Equipo de Valoración e Orientación de Minusvalidez (EVO) da Consellería de Traballo e Benestar, ou fotocopia compulsada da resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou de pensionistas de clases pasivas que acredite unha pensión de gran invalidez.

A os efectos de cubrir a declaración xurada da renda per cápita familiar enténdese a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables (Suma dos recadros 435 e 460 da declaración conxunta ou suma dos recadros 435 e 460 das declaracións individuais do ano 2020 dividida entre o número de membros da unidade familiar).

 

Importe das axudas e fondos:

Renta per cápita

Familias con renta

ata 6000 €

Familias con renta

de 6000 a 10000 €

1º e 2º E. Primaria

210€

140€

Material E.P e E.S.O.

50€

-

Fondo 3º,4º,5º e 6º E.P.

6 Libros

4 Libros

Fondo 1º,2º, 3ºe 4º E.S.O.

6 Libros

4 Libros

 

Os alumnos/as devolverán os libros de texto antes do 22 de xuño de 2022.

As listaxes provisionais de solicitudes admitidas cos libros asignados de 3º,4º,5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º , 3º e 4º de ESO publicaranse antes do 27 de xuño de 2022.

As listaxes definitivas de solicitudes admitidas cos libros asignados de 3º,4º,5º e 6º de educación primaria publicaranse antes do 4 de xullo de 2022.

O centro entregará os libros de texto o inicio do curso 2022-2023.

Prazo de presentación:

Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 estará aberto o prazo para entregar solicitudes e documentación. As solicitudes  pódense obter, cubrir e imprimir na aplicación Fondolibros ou no propio centro, entregaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal.

 

Entrega de vales::

 

A entrega dos vales para adquirir libros de texto (1º e 2º Educación Primaria) e vales de material escolar (3º,4º,5º e 6º Educación Primaria e 1º,2º,3º e 4º Educación Secundaria) farase na semana do 4 ao 8 de xullo de 2022.

 

 

En Rodeiro a 21 de maio de 2022.



page | by Dr. Radut