ADMISIÓN 2021/2022
Regulación:
DECRETO 254/2012 DE 13 DE DECEMBRO (DOG 26/12/2016) E ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2017 POLA QUE SE MODIFICA A ORDE DE 12 DE MARZO DE 2013.
O alumnado xa matriculado no centro no curso 2020/21:
Non necesita facer a admisión xa que ten dereito de permanencia salvo que manifeste o contrario.
Alumnado de novo ingreso:
Prazo de presentación: do 1 ao 22 de marzo de 2021.
Formas de presentación da solicitude:
·
Presentación de solicitude non creada a través da aplicación Presentar o impreso ED550B escrito a man ou a ordenador, pero non creado a través da aplicación (neste caso nunca levará código de solicitude válido na aplicación). Hai que acceder a través do menú: Solicitudes – Admisión – Crear e gravar todos os datos, prestando especial atención aos datos de nomes, apelidos e datas de nacemento, así como DNI ou NIE aportados ou xénero. Salvo oposición á consulta, os datos de identidade será comprobados no momento de rexistrar a solicitude. Unha vez está gravada, confírmase o borrador, facendo que o estado pase a ser confirmada.
·
Presentar a solicitude no centro creada a través da aplicación. Esta solicitude ten un código xerado pola aplicación. Recupérase a información a través do menú Solicitudes – Admisión – Listaxe Pode ver os datos de cada solicitude premendo na icona . Lembren, que a través desta forma, o traballo para o centro veríase reducido. Revisa r que os datos están todos correctos (non hai abreviaturas, os xéneros están ben, etc). A solicitude está en estado Confirmada, o que significa que aínda non está presentada en centro, senón confirmada pola familia.
·
Presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación. Como no método 1.2 a solicitude ten un código. Para ver as solicitudes presentadas a través da Sede Electrónica, empregue o menú Solicitudes – Admisión – Lista das solicitudes de admisión verá as que veñen de Sede distinguidas coa icona . Premendo en dita icona terá acceso aos documentos do expediente asinado dixitalmente (solicitude e documentos anexados), deberase comprobar que se achegou un escaneado/fotografía/etc das firmas manuscritas do segundo proxenitor/a e todas as persoas que conceden permisos para cotexar os datos. Estas solicitudes están en estado Confirmada caso de producirse algún problema coa Sede, e se non houbo incidencia, en estado Rexistrada.
Documentación a aportar ca solicitude de admisión:
·
2 Fotos tamaño carnet.
·
DNI do/a solicitante en caso de telo.
·
Tarxeta sanitaria do/a solicitante.
·
DNI dos país /nais do solicitante.
·
Fotocopia do libro de familia ou outra que acredite a situación familiar.
·
Fotocopia da cartilla das vacunas.
·
Autorización de imaxes.
·
Cuestionario para as familias do alumnado de educación infantil.
·
Declaración responsable COVID-19
O prazo de formalización de matrícula será en xuño no que deberán achegar impreso de matrícula e Autodeclaración de comedor no caso de ser usuario.