Con ocasión da conmemoración do 25 de Novembro,a comunidade educativa do CPI de Rodeiro traballou a través de diversas actividades para reivindicar a eliminación da violencia contra a muller.
A través da actividade “En el tiempo de las mariposas” promovida pola Comisión de Igualdade o alumnado de Secundaria realizou un mural conmemorativo construindo bolboretas de papel con mensaxes, datos de interese e os nomes e biografías das irmáns Mirabal. As irmáns Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa) foron tres loitadoras sociais, símbolos da valentía das mulleres.
Mostramos tamén o mural realizado polo alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria como parte da actividade “A árbore do respecto”, proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A comunidade educativa deixou a súa pegada violeta para mostrar e recordarnos que queremos respecto para todas as persoas.
Estas foron algunhas das actividades realizadas no centro nesta data conmemorativa.