Un curso mais, o alumnado do noso centro está a recibir formación dentro do programa “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos”, desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A proposta de actividades deste plan inclúe formación sobre temas relevantes como os riscos asociados ao uso de redes sociais, consumo de alcol e estupefacientes ou o acoso escolar, entre outros.
Nesta ocasión, a actividade realizada o pasado 09 de febreiro foi destinada a todo o alumnado de Educación Secundaria. A formación e información preventiva xirou en torno á temática do acoso escolar (tipos de acoso, indicadores de bullying, consecuencias, etc).
Debemos fomentar no noso alumnado os valores do respecto, tolerancia e empatía cara os demais.
Queremos agradecer á Garda Civil a súa labor cos nosos rapaces e rapazas e felicitar ao noso alumnado polo seu comportamento durante esta actividade na que participaron de forma activa preguntando as súas dúbidas sobre esta temática.