Skip to Content

Cross escolar. Educación Primaria e Secundaria.

O pasado 13 de xaneiro un numeroso grupo do alumnado, dende os cursos de 3º Educación Primaria ata 3º de Educación Secundaria Obrigatoria asistiu a unha convivencia intercentros no recinto da Semana Verde de Galicia, sito en Silleda. O alumnado participou na fase zonal do Deza de campo a través, nunha actividade que pretende fomentar o deporte. 

 

Esta actividade forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva” denominada “Rodeiro respira actividade e deporte”


Esta competición de cross escolar, na que estiveron presentes alumnos e alumnas de doce centros escolares da comarca, tiña carácter clasificatorio para a fase provincial para os cinco primeiros alumnos/as. 

Os resultados foron moi positivos. Boa parte do alumnado conseguiu postos entre os primeiros 30 números. Dentro da categoría SUB-14 (Infantil Feminino) destacou o primeiro posto de Paula Cuñarro Sobrado de 1º de ESO

O próximo domingo, 12 de febreiro, Paula poderá participar na fase provincial individual xunto con outras rapazas doutros centros da comarca. 

 

Noraboa a todos e todas por tan bos resultados. 

 



page | by Dr. Radut