O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de Marzo e conmemora a loita das mulleres nunha sociedade na que aínda queda moito que visibilizar na desigualdade de xénero. Por elo, a Concellería de Igualdade organiza a proxección do documental “Mulleres de Rodeiro. Mudando o cotiá”.
En cooperación co CPI de Rodeiro, acudirán a esta proxección o alumnado de Educación Secundaria ao Centro Cultural “Manuel Lamazares”. Posterior á proxección, o alumnado poderá participar nun coloquio coas protagonistas.