Na semana do 09 ao 16 de marzo, un grupo de rapaces e rapazas de Secundaria, tivo a oportunidade de desfrutar dunha emocionante excursión á neve en Andorra. Durante unha semana chea de aventuras e aprendizaxes, os estudantes puideron vivir experiencias únicas nas pistas de esquí e nos entornos naturais de montaña.
Os días estiveron cheos de acción, coa práctica do esquí e do snowboard, guiados por instrutores profesionais que axudaron a mellorar as súas habilidades sobre a neve. Ademais, os nosos alumnos tamén tiveron tempo para descubrir a fermosa paisaxe nevada de Andorra acompañados dos seus profesores Tomás Porto Laya e Rosa Ana Sieiro Pérez.
Non só se tratou dunha aventura deportiva, senón tamén dunha oportunidade para fortalecer a convivencia e o compañeirismo entre os estudantes, así como para aprender sobre o coidado do medio ambiente e a conservación da natureza.