O pasado mes de febreiro, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria acudiu ata a Vila de Chantada para visitar a empresa Daveiga. Nesta empresa elaborar de forma semi-artesanal as famosas Galletas Mariñeiras, unha adaptación ao “pan de barco”, unha solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan de forma natural.
Comezaron facendo un percorrido guiado por turnos polo obrador, onde lles mostraron as etapas de fabricación. Ao rematar, recibiron a amable visita dun dos propietarios da empresa. Nesta visita, os nosos rapaces e rapazas foron agasallados
cunha bolsa de tela con 4/5 modalidades diferentes de galletas para o seu desfrute.