Skip to Content

Non hai cousas de neno nin de nena, so de persoas.

O pasado mércores 13 de marzo, como parte das actividades programadas pola Concellería de Igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller, tivemos o privilexio de recibir o espectáculo "Non hai cousas de neno nin de nena, só de persoas", a cargo da compañía Moc Moc espectáculos e animación.

Este evento, que foi posible grazas aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Concello de Rodeiro, está deseñado especialmente para o público infantil. O alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI de Rodeiro tivo a oportunidade de disfrutar desta representación.

 

"Non hai cousas de neno nin de nena, só de persoas" é un espectáculo de contacontos con monicreques de Kamishibai, un teatro de papel xaponés. O seu obxectivo principal é educar na igualdade e na diversidade dende idades temperás, de maneira lúdica e comprensible para os máis pequenos.

 

Estamos entusiasmados por esta oportunidade única para o noso alumnado, que lle permitirá promover valores de igualdade e respeto dende idades temperás. Agradecemos á Concellería de Igualdade e á compañía Moc Moc espectáculos e animación por facer posible este evento tan especial



page | by Dr. Radut