Skip to Content

Agregador de novas

Publicación do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-24 08:30
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do 16 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica

A solicitude debe cubrirse indicando o asunto e o órgano destinatario que se indican a continuación:

ASUNTO RELACIONADO:

-Inspectores accidentais.

DESTINATARIO:

-Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

-Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

- A documentación acreditativa de que se posúen os requisitos esixidos para participar de acordo co establecido na resolución de convocatoria deste procedemento, só no caso de que non consten no expediente electrónico da persoa solicitante.

- Unha declaración responsable de que non foi separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública e de non estar inhabilitada/o para o exercicio de funcións públicas.

- Certificado de non ter antecedentes por delitos contra a liberdade e identidade sexual, só no caso de opoñerse expresamente á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na solicitude de participación.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 25 de outubro ata o día 8 de novembro de 2024, ambos incluídos.

 

File: 

Resolución do 16 de outubro de 2024 (DOG) Resolución do 16 de outubro de 2024 (convocatoria)

Tema: 

Inspección Educativa Destinos provisionais e outros concursos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Publicación convocatoria listas de relixión evanxélica (primaria e secundaria)

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-24 08:05
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de primaria (701402) e no nivel de de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) (código de procedemento ED003A).

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde o venres día 25 de outubro de 2024 ata o día 31 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.

 

File: 

Resolución

Tema: 

Programas e plans Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Publicación convocatoria listas de relixión católica (secundaria)

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-24 08:04
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde o venres día 25 de outubro de 2024 ata o día 31 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.

 

File: 

Resolución

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Programas e plans Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Rueda anuncia que a Xunta convocará en 2025 novas oposicións de educación ata chegar ao máximo da taxa de reposición

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 15:08

Summary: 

Avanza que a oferta de emprego público elevará ata os 20.000 os profesores que se incorporaron ao sistema educativo desde o ano 2009

Indica que Galicia ten un dos mellores ratios entre profesores e alumnos do Estado

Idioma Gallego

O presidente do Executivo galego anunciou que a Xunta lanzará unha nova oferta de emprego público en 2025 que consolidará a plantilla de docentes ata chegar ao máximo da taxa de reposición.

Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, respondendo a unha pregunta sobre as prioridades da Xunta para resolver os problemas da cidadanía galega en 2025, Rueda sinalou que a Xunta seguirá mellorando o cadro de profesorado do sistema educativo como vén facendo desde o ano 2009 ata chegar ás 20.000 prazas.

Con este anuncio, Galicia esgotará o máximo da taxa de reposición fixada polo Estado, do 120%, e terá a plantilla máis alta que nunca houbo na nosa comunidade. Así, Galicia manterá un dos mellores ratios profesor-alumno do Estado.

Orzamentos 2025

Durante a sesión de control, o presidente da Xunta tamén fixo unha valoración dos orzamentos presentados recentemente polo Goberno galego para o vindeiro ano 2025.

Rueda anunciou que será o maior orzamento co que contou nunca Galicia, nos que “3 de cada 4 euros” están destinados a gasto social, contémplanse rebaixas fiscais, amplíanse as prazas de residencia, contémplanse axudas á conciliación, triplícanse os orzamentos para a vivenda e, en definitiva, axúdase a vertebrar Galicia.

O obxectivo, en palabras do titular do Executivo galego, é acadar unha Galicia “cada vez máis social” e “seguir cumprindo cos galegos”.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta inxectará máis de 16M€ ás tres universidades públicas galegas para a contratación de 166 profesores axudantes doutores

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 15:02

Summary: 

O Goberno galego ten que asumir o 40% das prazas dun convenio imposto polo Ministerio de Ciencia sen negociación coas comunidades autónomas

Este acordo consolidará, ademais, un gasto adicional de 7M€ ao ano a partir de 2031 que terán que asumir as administracións autonómicas sen apoio do Ministerio

Idioma Gallego

Os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, reuníronse esta mañá cos reitores das universidades de Santiago de Compostela, Antonio López; Vigo, Manuel Reigosa, e A Coruña, Ricardo Cao, para informalos dos detalles do acordo para a contratación de profesores axudantes doutores. No encontro participou tamén o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

Tal e como explicaron os representantes da Xunta, o Goberno galego vai inxectar ás tres universidades públicas galegas máis de 16M€ para poder facer fronte á contratación de 166 profesores axudantes doutores que lles impón o Ministerio de Ciencia. Isto malia que as universidades galegas teñen uns dos cadros de persoal máis estabilizados do Estado e que se vén menos beneficiadas por este acordo ca outras que non foron quen de manter unha boa política laboral interna.

O acordo, que se materializará na sinatura dun convenio entre Xunta, cada unha das universidades e o Ministerio, suporá a seguinte distribución de prazas e achega para cada universidade por parte do Goberno galego:

Universidade

Prazas

Orzamento total Xunta

USC

53

           5.284.062€

UVigo

64

           6.290.550€  

UDC

49

           4.780.818€  

 

166

            16.355.430€  

As universidades poderán crear as prazas ata o fin do curso 2027-2028, dado que precisan tempo para publicar as correspondentes convocatorias.

Gasto consolidable de 7M€ ao ano

Os conselleiros lamentaron que finalmente as comunidades autónomas teñan que facer cargo do 40% do importe destas prazas no período 2025-2030, máis tendo en conta que o Ministerio de Ciencia non negociou en ningún momento este programa de contratación de profesorado cos gobernos autonómicos, senón que lles impuxo a porcentaxe que teñen que pagar, que ademais se foi incrementando nos últimos meses, desde o 33% inicial ao actual 40%.  

Destacaron, ademais, que este acordo consolida un gasto adicional de 7M€ ao ano a partir de 2031 para as universidades públicas e, polo tanto, para as administracións autonómicas. O Goberno central non ten ningunha proposta de transferencia de fondos adicionais para facer fronte a este sobrecusto que xeran de xeito unilateral.

De feito, o Ministerio só foi quen de asegurar fondos para a pequena partida que lle corresponde pagar neste ano 2024, deixando o orzamento dos anos restantes, máis de 4,2M€ ao ano ata 2030, sen concretar e á espera da dispoñibilidade orzamentaria do Goberno central.

Cambio das regras do xogo

No mes de abril impúxose ás comunidades autónomas un acordo no que o Ministerio financiaba o 66% das prazas durante seis anos e as administracións autonómicas o restante 33%. Porén, finalmente o Ministerio comprométese só á financiación do 60% das prazas que haberá que convocar e só durante catro meses, deixando no aire como se vai proceder ao pagamento desa porcentaxe no período 2025- 2030. Porén, a través do convenio que se vai asinar, obriga á Xunta a comprometerse a asumir o custo do 40% das prazas ata 2030.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta dá a benvida a un novo centro integrado de FP, que xa suman 28, o triplo que hai 15 anos

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 14:58

Summary: 

A directora xeral de FP reúnese cos equipos directivos desta rede centros, á que se suma a Escola de Cantería de Poio, para planificar novas accións

Idioma Gallego

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, reuniuse cos directores dos 28 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional para abordar novas actuacións en materia de emprendemento, innovación e internacionalización, nun encontro no que tamén participaron os inspectores dos mesmos. A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que esta cita facilita un diálogo bidireccional, esencial para identificar as necesidades dos centros, reforzar a coordinación entre eles e implementar accións de futuro. 

A xuntaza sirviu de benvida ao CIFP de Cantería de Galicia, de Poio, que vén de incorporarse este curso a este rede, o que eleva o número de centros a 28, fronte aos nove existentes en 2009, triplicando así o seu número en 15 anos. Este crecemento evidencia o compromiso da Xunta coa expansión e modernización da FP en Galicia. 

"Os centros integrados de FP son pezas clave no desenvolvemento da Formación Profesional e acollen á metade do alumnado de FP, situándose na vangarda das actuacións que impulsan a innovación e a competitividade no ensino técnico", sinalou Eugenia Pérez, quen subliñou o compromiso do Goberno galego co impulso deste tipo de centros que xogan un papel fundamental na potenciación e prestixio das ensinanzas en Galicia. 

Politécnico de Lugo

A Xunta elixiu para esta reunión o CIFP Politécnico de Lugo, un centro referente da FP en Galicia que imparte ciclos de ata seis familias profesionais e en todas as modalidades, incluída a FP Dual Intensiva e os másteres de FP. O CIFP destaca na súa aposta por achegar ao alumnado ás situacións reais. Neste sentido, forma parte da rede de espazos de tecnoloxía aplicada da Xunta, unha aula onde poden simular centros de traballo e contornas laborais, e foi premiado no certame InnovaTech FP, no que os centros educativos deseñan proxectos para responder a retos plantexados por empresas.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Román Rodríguez salienta que o deseño dunha proba de acceso á universidade común e máis xusta “xa non ten volta atrás”

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 14:52

Summary: 

Lembra que Galicia foi pioneira en defender e liderar “unha ABAU máis homoxénea” e agora é a primeira CCAA en publicar os modelos de exame

Gaba o labor desenvolvido pola Conferencia Interuniversitaria de Galicia para “dar certezas e seguridade” aos profesores e aos alumnos

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, salienta que a senda de traballo iniciada para acadar unha Proba de Acceso á Universidade (PAU) “común e máis xusta” que garanta a igualdade entre os estudantes a nivel estatal “xa non ten volta atrás”.

Así o subliñou ante o Pleno do Parlamento galego, onde destacou a “vontade de traballo e de chegar a acordos” que Galicia leva anos “defendendo e liderando”, se traduza agora “nunha proba que xa é máis xusta que o curso pasado e que, progresivamente, deberá ser máis semellante en datas, contidos, estrutura dos exames e criterios de avaliación”. Unha proposta recoñecida a nivel estatal ata o punto de que foi compartida por 11 comunidades autónomas que aglutinan o 70% dos estudantes e mesmo avalado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).

Así mesmo, o conselleiro de Educación puxo en valor que Galicia foi a primeira CCAA do Estado en publicar, xa en agosto, os modelos de exame para que tanto profesores como alumnos puideran traballar desde o primeiro día lectivo na preparación das probas e, deste xeito, “garantir as máximas certezas e seguridade” á comunidade educativa. Neste senso, Román Rodríguez agradeceu o “intenso traballo” desenvolvido nos últimos meses pola Conferencia Interuniversitaria de Galicia (CIUG), que é a encargada de implementar, supervisar e aplicar as probas.

Así pois, a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes independentemente de onde vivan, e sempre dentro do marco legal establecido, estase abrindo camiño no resto dos territorios pese á inoperancia do Ministerio neste asunto. Este camiño “racha” co modelo asimétrico de 17 vías distintas de acceso a un distrito universitario único que, en palabras do conselleiro, “estaba xerando desigualdades entre o alumnado das diferentes comunidades autónomas, especialmente naqueles graos máis demandados e con maior competitividade”.

Proba especial para alumnos estranxeiros

Doutra banda, o conselleiro tamén denunciou que o Ministerio queira implementar unha proba específica para alumnado estranxeiro que vai supoñer “unha barreira” para atraer universitarios doutros países ao tempo que “é unha medida excluínte” posto que obriga ao alumnado a desprazarse ás sedes da UNED nos seus respectivos países.

A este respecto, o titular de Educación demandou “unha reflexión” sobre este modelo que o Goberno do Estado quere “impoñer unha vez máis sen ningún tipo de diálogo coas comunidades autónomas e coas universidades”.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta reforzou os centros escolares de Vigo cunha trintena de especialistas de atención á diversidade a maiores neste curso, malia a baixada da matrícula

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 14:46

Summary: 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP explica no Parlamento que o seu departamento atende as necesidades de cada centro en función dos informes dos técnicos

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, salienta que o seu departamento vén de reforzar os centros escolares de Vigo cunha trintena de profesionais de atención á diversidade, entre especialistas en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica, a maiores dos que había o pasado curso, e todo isto nun contexto de baixada de matrícula.

En resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento sobre a situación do Colexio CEIP de Chans-Bembrive, Román Rodríguez explicou que desde o seu departamento se traballa “con coherencia e responsabilidade” asignando os recursos segundo o que determinan os informes obxectivos dos técnicos educativos, que son quen establecen os apoios que se precisan para cada caso. “Temos como axioma axudar aos alumnos que máis o precisan”, subliñou o conselleiro en alusión ao compromiso coa inclusión e a diversidade a través de distintas accións, plans e programas que contribúen a que Galicia sexa a comunidade autónoma máis inclusiva de España, con case o 94% do alumnado con necesidades especiais matriculado en centros ordinarios, un 10,7% máis ca media estatal.

No que atinxe ao Chans-Bembrive, Román Rodríguez explicou que o colexio conta este ano co reforzo de docentes especialistas para garantir a axeitada atención educativa ao alumnado matriculado neste centro vigués, cun docente en Pedagoxía Terapéutica e outro en Audición e Linguaxe e, a maiores, recibe outro medio especialista en AL que se incorporou ao colexio a través do programa PROA+.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta destaca o compromiso do Colexio Rural Agrupado de Culleredo cos programas de innovación bibliotecaria

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 14:44

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita o centro, que forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde hai nove anos e leva tres anos participando nos programas Biblioteca Creativa e Lecturas e Familias

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou esta mañá a biblioteca do Colexio Rural Agrupado CRA de Culleredo, onde gabou a implicación da comunidade educativa con este espazo didáctico. “Estamos a falar dun centro que forma parte de diferentes programas impulsados pola Xunta, como o Plan de mellora de bibliotecas escolares, a Biblioteca Creativa e Lectura e Familias”, explicou.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional felicitou a alumnos e docentes polo importante labor que realizan na biblioteca e o club de lectura. O centro, a través dos plans nos que participa, avanza na inclusión, consegue melloras na comprensión, emprega diferentes formas de información e apoia a adquisición das competencias clave do alumnado, contribuíndo así a un maior logro académico e incentivando o uso destes espazos para fomentar a lectura. 

Froito destas prácticas excelentes, a biblioteca do CRA de Culleredo integrouse no programa LÍA.3, ao abeiro do cal se converteu nun laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta apoia con 1,6 M€ a investigación en tecnoloxías ambientais dos 109 profesionais do CRETUS tras a súa incorporación á rede de excelencia

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 14:39

Summary: 

O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación  visitan o centro co reitor da USC para coñecer o seu funcionamento

Idioma Gallego

Continúan as visitas conxuntas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP aos centros de investigación e tecnolóxicos para coñecer o seu funcionamento e atender as súas necesidades. Concretamente, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López. 

Tras a súa incorporación este ano á Rede CIGUS de Centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, que aglutina os centros investigadores punteiros, o CRETUS contará cunha axuda da Xunta de Galicia de preto de 1,6M€ para asegurar un financiamento estable da súa actividade científica ata o ano 2027. “Queremos seguir promovendo a investigación científica de calidade, polo que este ano o Goberno galego incrementou un 31% ata acadar os 23,6M€ o orzamento destinada á Rede CIGUS”, sinalaron os representantes da Consellería de Ciencia e Universidades.

Áreas de coñecemento

Durante a visita, José Alberto Díez e Carmen Cotelo e Antonio López coñeceron a nova estrutura científica do centro, composta por oito áreas de actividade en I+D: remediación e usos sustentables do chan, tratamento e recuperación de augas, valorización de residuos, bioindicadores, integración de datos e modelado, monitorización fisicoquímica, procesos sustentables e impacto socioeconómico e ambiental. A través destas áreas o CRETUS traballa na combinación das capacidades das ciencias experimentais, sociais e de enxeñería cunha visión global, para abordar retos máis ambiciosos atendendo a un triplo enfoque: diagnóstico, tecnoloxía e impacto.

Actualmente conta con 109 investigadores que traballan en proxectos enmarcados no programa Horizonte Europa, no de Transferencia de Coñecemento e noutros interdisciplinares, entre os que destacan o deseño de tecnosolos para reducir os altos niveis de nitrato e fosfato en augas doces e salgadas, o aumento da capacidade de produción de peixe para o consumo humano no km 0 de cada cidade europea ou a procura dunha visión máis xeral de enfermidades ligadas á alimentación, entre outros.

Entre os seus investigadores atópanse dous científicos gañadores das axudas a proxectos do Consello Europeo de Investigación (ERC). Ambos perciben o apoio económico do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación.

Ademais, os representantes da Xunta de Galicia puxeron en valor o apoio do Goberno autonómico a propia Universidade de Santiago en materia de investigación. Esta universidade recibe un financiamento total de máis de 12,7M€ para os cinco centros de investigación da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia que acadaron a acreditación en excelencia nesta última convocatoria, o que supón un aumento do financiamento para a USC dun 17%.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Listaxes provisionais das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG, 2024/25

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 14:16
Idioma Gallego

De conformidade co artigo 10 da orde do 29 de xullo de 2024 (DOG do 9 de agosto) pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitaria en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2024/25 (código de procedemento ED421A), procédese á exposición das Listaxes provisonais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días. Durante ese prazo, poderán emendar os erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada). Para iso, deberán acceder á Carpeta cidadá e xuntarán, se é o caso, a documentación necesaria nos modelos “achega de documentación separada da solicitude” ou “emenda ao requirimento”.

Prazo de presentación da documentación do 24 de outubro ao 7 de novembro de 2024.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do SUG no curso académico 2024/25

Tema: 

Bolsas Máster

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas

Convocatoria do Concurso-Exposición sobre As cantareiras e a poesía popular oral. Letras Galegas 2025

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-23 10:01
Idioma Gallego

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua das cantareiras e a poesía popular oralas figuras homenaxeadas en 2025 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviron.

Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación:

  • Categoría A: educación infantil e primaria
  • Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 23 de xaneiro de 2025.

 

File: 

Convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2025 Anexos I, II e III

Tema: 

Lingua galega Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Entidades autonómicas

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Resolución definitiva Programa PROA+ (FSE+)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-22 17:13
Idioma Gallego

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos conforme o disposto no apartado 14 da Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cursos 2024/25 e 2025/26.

Anuncio principal: 

Convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+)

Tema: 

Atención á diversidade Programas e plans PROA

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Atención á diversidade e orientación
Categorías: Novas

A Xunta confirma a súa aposta polo profesorado, cun forte incremento do orzamento para 2025

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-22 12:59

Summary: 

As contas da Consellería contemplan un aumento de 90M€ no capítulo de persoal, a partida que máis medra da Consellería, que supera os 3.000M€

Román Rodríguez asegura que este pulo suporá “seguir afianzando” os grandes retos iniciados este curso como a mellora das rateos por aula, a mellor atención ao alumnado con necesidades e un maior apoio ao eido rural, entre outros

Salienta que o cumprimento do acordo de mellora queda blindado por lei

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia confirma a súa aposta polo profesorado a través dun forte incremento das partidas nos Orzamentos para 2025, que se reflicte nun aumento de 90M€ no capítulo I, dedicado a persoal, o que máis medra de toda a Consellería. Así o expuxo esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, na reunión da Xunta autonómica de directores e directoras do ensino non universitario para avaliar o desenvolvemento do curso e dos proxectos de futuro.

O titular de Educación subliñou que os Orzamentos de 2025 superan “por primeira vez” os 3.000M€. Unhas cifras que, en palabras do conselleiro de Educación, van permitir “seguir afianzando moitos retos” da maior modernización do sistema educativo en 30 anos iniciada este curso. Isto inclúe a mellora das rateos por aula, a dotación de máis profesorado, a mellor atención ao alumnado con necesidades especiais, máis apoio ao rural e á carreira profesional docente, entre outros.

Precisamente, co fin de blindar o compromiso con esta liña de traballo e conferirlle o maior respaldo xurídico posible, o Goberno galego vén de blindar o acordo de mellora do ensino e a prohibición do uso dos teléfonos móbiles como normas de máximo rango a través da Lei de medidas fiscais e administrativas para 2025.

Mellora de rateos e agrupamentos

Así pois, a partir de agora, a implantación progresiva do acordo queda selada cun calendario de obrigado cumprimento que atinxe, sobre todo, á baixada das rateos iniciada en 4º de Infantil e que se completará ao ano a ano ao longo dos seguintes cursos escolares.

Así mesmo, no que atinxe ao número máximo de alumnos para agrupamentos de distintos cursos e etapas no rural, iniciado este ano cun máximo de 14 alumnos para todo Infantil, quedará plenamente completado nun período de tres cursos para Infantil e Primaria. De feito, o vindeiro 2025-26 xa se aplicará o máximo de 14 alumnos para a combinación de 1º e 2º de Primaria e de máximo de 10 alumnos cando se mesturan alumnos de Infantil e Primaria. Cómpre lembrar que ata agora esta cifra era de 18.

Máis profesores para menos alumnos

Román Rodríguez puxo en valor que as accións postas en marcha posibilitaron que, pese á baixada xeral de matrícula, este curso aumentara a dotación de profesorado “co maior cadro de persoal da nosa historia”, sinalou en referencia aso 31.603 docentes que hai nas aulas galegas, 500 máis que o ano pasado.

Ademais da “estabilidade laboral e educativa”, o titular de Educación sinalou a necesidade de seguir traballando para mellorar o ensino galego, con medidas como a ponderación do alumnado con necesidades educativas especiais, que computa agora por dous ou por tres a efectos de rateo, unha medida pioneira que só existe en Galicia. Para isto, a Consellería ten en marcha o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, que abrangue seis grandes programas como o Promociona e o Proa+. Tamén se inclúe o programa de apoio educativo para alumnado estranxeiro, que facilitará a escolarización, a acollida e o benestar emocional destes estudantes.

Burocracia, FP e PAU

Así mesmo, puxo en valor o traballo que está a desenvolver a Consellería para reducir a burocracia nos centros educativos, coas primeiras medidas xa en marcha este curso. O obxectivo é alixeirar aos equipos directivos e aos docentes de determinadas tarefas administrativas que poden ser optimizadas e facilitadas, de tal modo que poidan dedicar ese tempo a labores propiamente educativos o que redunda, en última instancia, nunha mellor atención ao alumnado.

Outro dos retos do sistema educativo galego é o desenvolvemento da Lei de Formación Profesional, cun impacto na ordenación do sistema e nas prácticas educativas. A maiores, a Consellería de Educación está traballando no Plan FPGal360, enfocado a reducir a taxa de abandono educativo que en Galicia xa está en mínimos históricos, a ofrecer orientación vocacional e profesional e a facilitar que toda persoa obteña unha titulación.

Finalmente, Román Rodríguez tamén apuntou como reto deste ano a posta marcha da nova Proba de Acceso á Universidade, PAU, para a cal Galicia xa foi a primeira comunidade en facer público os modelos de exame, o que permite dar seguridade e certezas ao profesorado e aos alumnos, ao tempo que avanzar nunha proba que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes no acceso á universidade.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta comproba no colexio de Zas o funcionamento dos recursos dixitais do proxecto Creagal

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-22 12:55

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa asiste a unha clase de Tecnoloxía e dixitalización de 1º de ESO na  que se empregan estes materiais

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, comprobou hoxe o funcionamento dos recursos dixitais do proxecto cREAgal no Colexio CPI de Zas. Fíxoo asistindo a unha clase de Tecnoloxía e dixitalización de 1º de ESO neste centro, onde presenciou como os docentes empregan estes contidos para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe e escoitou como se están a adaptar a eles. 

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que esta iniciativa afonda no modelo híbrido do ensino galego, que aproveita as potencialidades das novas tecnoloxías ao tempo que mantén os beneficios das ferramentas tradicionais. Lembrou, ademais, que ao longo deste curso estarán dispoñibles materiais para 5º e 6ª de Primaria, de 1º de ESO e de parte das materias de 2º de ESO. Os contidos iranse implementando paulatinamente ata 4º curso desta etapa.

cREAgal pon a disposición de todas as aulas virtuais dos centros galegos recursos educativos abertos deseñados, baixo unha coordinación común, por máis dun centenar de docentes. Trátase dun proxecto de características únicas en España, no que estes recursos dixitais están directamente vencellados aos currículos e cobren todas as áreas e materias.

Atención á diversidade

Os materiais son de licenza aberta, que permite a súa reutilización, modificación e adaptación ao contexto de cada aula, alumno e centro, o que os fai completamente universais e personalizables. Ademais, o proxecto incide na inclusión, de modo que todos os recursos son accesibles e pensados para adaptalos á atención á diversidade.

Cada un dos recursos propón ao alumno un reto, que debe resolver a través da realización de varias actividades, e vai acompañado dunha guía didáctica na que se detallan os elementos do currículo que se abordan, así como os criterios de avaliación das competencias que se traballan.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Orde do 11 de outubro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23,

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-22 09:34
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 11 de outubro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 12 de marzo de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 25 de marzo).

 

Anuncio principal: 

Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23

Servizo relacionado: 

Premios ao alumnado

Tema: 

Axudas e premios Premios autonómicos

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas

Corrección de erros. Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades dos corpos 593, 594

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-22 08:52
Idioma Gallego

Corrección de erros. Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A). 

 

Anuncio principal: 

Convocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Resolución provisional do Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de educación secundaria obrigatoria de centros educativos concertados 2024/25

Novas eduxunta - Lun, 2024-10-21 13:35
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución provisional da ORDE do 8 de agosto de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED301L).

 

Anuncio principal: 

Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de educación secundaria obrigatoria de centros educativos concertados no curso 2024/25

Tema: 

Lingua estranxeira Plurilingüismo Programas e plans Inmersión lingüística Centros concertados

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras
Categorías: Novas
Distribuir contido


by Dr. Radut