Skip to Content

Edixgal

Navegación Segura en E-DIXGAL

Ao longo deste ano 2023, o equipo de Soporte de Sistemas Abalar da AMTEGA traballou na análise e implementación dunha ferramenta que garante a navegación segura sobre a nova maqueta Abalar 11, instalada nos portátiles do alumnado EDixgal, considerando a integración da aplicación, probas funcionais de seguridade, establecemento do protocolo de actualización e mantemento da ferramenta.

O funcionamento desta aplicación é independente do tipo de conexión que se estableza para conectarse a Internet, polo que permite a navegación segura do alumnado tanto dentro da rede corporativa do centro, como nas redes domésticas ou a través de dispositivos móbiles.

Ademais, permite filtrar a actividade do portátil do/a alumno/a, evitando accesos non autorizados a espazos con información sensible ou que non son axeitados para o alumnado baseados nas seguintes categorías: adultos, xogos, apostas, malware, phising, bitcoin, redes sociais, drogas, etc. Ademais, estas categorías e listas de sitios bloqueados son amplamente revisados e mantéñense actualizados constantemente coas garantías da Universidade de Toulouse.

Información Proxecto Edixgal

Información de interese para as familias sobre o Proxecto Edixgal.

No portal espazoAbalar está publicado un folleto con información para as familias:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

As familias que así o desexen poden contratar de xeito voluntario un seguro anual (válido desde setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custo anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse directamente a través do número de teléfono 881 505 136.

Adxuntamos o folleto con información para as familias. Recomendamos a súa lectura!

Tamén adxuntamos a información sobre as característica e cobertura do Servicio Integral de Reparación.

Distribuir contido


by Dr. Radut