Se podes contestar á adiviña, escribe nun papel o teu nome e apelidos, o curso e a resposta antes de que remate o mes.
Dálle este papel á túa titora e entre as respostas correctas farase un sorteo co gañad@r deste mes de novembro.
Se podes contestar á adiviña, escribe nun papel o teu nome e apelidos, o curso e a resposta antes de que remate o mes.
Dálle este papel á túa titora e entre as respostas correctas farase un sorteo co gañad@r deste mes de novembro.
Se sabes a resposta, escribe nun papel o teu nome e apelidos, o curso e a resposta antes de que remate o mes.
Dálle este papel á túa titora e entre as respostas correctas farase un sorteo co gañad@r deste mes de outubro.
Comezamos o curso 24/25
Estade moi atent@s ao blogue nestes días que comezaremos coas adiviñanzas. Entre o alumnado participante que acerte a resposta, sortearase o premiado.
Deixámosvos por aquí o resumo de actividades dos obradoiros e da romaría das Letras Galegas que fixemos na semana do 17 de maio. Este ano tocou homenaxear a Luísa Villalta, célebre escritora, docente e violinista galega sobre a que aprendemos un pouco máis nesta semana.
Na semana do 22 ao 26 de abril conmemoramos a Semana do Libro no colexio. As titoras organizaron varias actividades para transmitir o importante que son os libros e a lectura. Tanto foi así que ata se caracterizaron de personaxes de conto que o alumnado debía adiviñar, escribindo nunha listaxe de que libro saíron.
Tamén se organizou un mercadiño solidario no que o alumnado intercambiou un quilo de alimentos por un libro da súa escolla.
Ao longo deste pasado mes, fomos confeccionando este pequeno xornal do CPI Progreso nas etapas de E. Infantil e E. Primaria con acontecementos do noso día a día que tranformamos en noticia.
Este foi o resultado! Esperamos que vos guste!
Para rematar este 2º trimestre saímos coñecer a contorna do noso concello aproveitando que o bo tempo nos acompañaba.
Dependendo do noso curso, fixemos diferentes rutas que se adaptaban ao noso nivel.
Que boa forma de despedir o trimestre!
Con motivo da celebración do Día da Banda Deseñada (17 de marzo) e do Día da Poesía (21 de marzo) organizáronse dous concursos moi interesantes:
Aquí temos aos gañadores! Noraboa!
Para os galegos e para Galicia, Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora. Foi e é unha figura literaria e cultural tan importante para a nosa terra e lingua que dende a escola cremos merece unha especial homenaxe no seu día.
É por ese motivo que decidimos facer o noso propio libro ilustrado do seu coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Agardamos que vos guste!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |