Skip to Content

Novas do centro

Concerto día da música

Como todos os anos, en novembro celebramos o día da música con música, como non pode ser doutro xeito. 

Aquí tedes o cartaz deste ano. Preparádevos que imos bailar dende o comezo ata o final!!!

Programacións 2024_2025

Xa están a disposición da comunidade educativa as Programacións dos diferentes departamentos didácticos. Pódense consultar dende o seguinte enlace cubrindo os diferentes apartados. 

O código do centro é: 36001252

https://www.edu.xunta.gal/proens/AccesoPublicoListaxe-listaxeBaleira.action

 

Concurso relatos Samaín

Concurso literario para o alumnado  5º e 6º de EP e alumnado de toda a ESO  . 
Temática. SAMAÍN
O prazo de entrega remata o luns 28 de outubro.
 O estilo pode ser o seguinte:
 - Conto, narrativa, banda deseñada e teatro cunha extensión máxima de 2 folios (4 carillas). -
 - Poesía, de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2 carillas).  
 - O relato non poderá elaborarse na aula.
 
Os textos serán manuscritos e íntegramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluidos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos.
 
En canto as premios, haberá un para os mellores relatos de cada Ciclo Educativo (3ºC de EP, 1ºC da ESO e 2ºC da ESO).
aula con máis participantes no concurso gozará dunha sesión de cine de terror.
 
Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo, curso e centro

CALENDARIO ESCOLAR 24_25

Correos electrónicos profesorado

Achéganse táboas coas direccións de correo electrónico do profesorado do centro así como a hora de titoría de cada profesor/a da ESO.

- INFANTIL E PRIMARIA

- ESO

Colaboradores para o comedor escolar

Queda aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa para colaborar no comedor nas tarefas de apoio e atención ao usario do servizo do comedor.

- Convocatoria.

- Modelo de solicitude.

 
 

Documentación para solicitar praza como usuario no comedor escolar para o curso 23/24

Achéganse instruccións e modelo para solicitar praza no comedor escolar para o vindeiro curso escolar 24/25. 

Poden recoller os impresos na secretaria do centro ou imprimilos do arquivo adxunto.

Este modelo debe ser entregado na secretaría do centro  en horario de 9:00 a 13:40 h. ata o 10 de Setembro. O Centro permanecerá pechado dende o 13 de xullo ata o 31 de agosto.

Tamén poderá ser presentado por correo electrónico, sempre que esté debidamente asinado, no enderezo: cpi.progreso.catoira.centro@gmail.com.

- Autodeclaración 2024/2025

- Circular comedor 2024/2025

- Instrución 1/2024 XD_vfin

 

Bolsas para alumnado con NEAE 2024/25

Xa está aberto o prazo para solicitar as Bolsas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o vindeiro curso 2024/25. O prazo remata o 13 de setembro de 2024.

Calendario fin de curso ESO 2023-2024

Achéganse documentos relacionados co calendario de fin de curso do alumnado da ESO: 

CALENDARIO FIN DE CURSO ESO 2023-2024

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xuño

19 e 20

Entrega dos equipos E-dixgal, para o alumnado que o desexe. Os ordenadores deberán vir cargados e entregados a Coordinadora e-dixgal. Permanecerán custodiados no centro.

21

Fin da actividade lectiva.

25 

Avaliacións secundaria.

26 

Entrega das notas  e consellos orientadores, para o alumando de 2ºESO e 4ºESO. A entrega farase ás 10:00 horas, nas súas aulas. 

Entrega de libros. 

Revisión das cualificacións ante o profesorado. Deberase entregar na conserxería do centro o modelo 1. Antes das 14:00 horas, poderase entregar no conserxería do centro ou a través dun correo cpi.catoria@edu.xunta.gal

27 e 28

No caso de persistir desacordo coa cualificación obtida: Reclamación formal ante dirección modelo 2. Antes das 14:00 horas do día 28 de xuño, poderase entregar no conserxería ou mandar un correo  cpi.catoria@edu.xunta.gal

 

 

 

Xullo

Comunicación da decisión da reclamación.

2 e 3 

No caso de persistir desacordo coa decisión poderase facer una reclamación ante Xefatura Territorial. Esta solicitude modelo 3, deberase entregar  na conserxería ou por correo antes  das 14:00 horas do día 3 de xullo. 

 

- Modelo entrevista profesorado (modelo 1)

- Modelo reclamación ante o centro (modelo 2)

- Modelo reclamación Xefatura Territorial (modelo 3)

Distribuir contido


by Dr. Radut