Achégase documentación para solicitude de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso académico 2024/25.
O prazo de presentación remata o 21 de xuño inclusive.
- Orde do 7 de maio de 2024
- Anexo I e II (modelo a cumprimentar)
- Instrucións fondolibros_24/25
- Aplicación Fondo Libros
- Sede electrónica
Poden facer a solicitude dos seguintes xeitos:
* De xeito telemático na aplicación FondoLibros. Feita a solicitude pode presentala na sede electrónica da Xunta de Galicia (con número de solicitude) ou ben presentala en papel no centro educativo.
* Descargar e cumprimentar os anexos e presentalos no centro educativo.
* Solicitar os anexos no centro, cumprimentalos e entregalos no propio centro educativo.