Comezamos a nosa andaina literaria en novembro con distintas lecturas...
O grupo de 1º comezou coa coñecida novela de John Boyne, El niño con el pijama de rayas. Unha historia que lles está encantando aos lectureiros.
O pequeno grupo formado por alumnos de 1º e 2º adentráronse no mundo do misterio da man da dama do crime, Agatha Christie, coa obra teatral A rateira. Saberán quen é o asasino antes de chegar ao final?
Outro dos títulos que inauguran esta aindaina é Mentira, de Caré Santos, novela na que se misturan o tema das redes sociais, os perfís falsos, o ámbito académico e as notas que tantos quebradeiros de caza nos dan e... un cárcere de menores! Como pode ser isto?
O alumnado de 3º comezou con Ni en mil años te dejaría tirada de Gemma Lienas Masset, historia na que dende o multiperspectivismo se entrelaza a música, a pintura, a vida duns estudantes con moitas inquedanzas, o amor a amizade e a familia.
E, por último, os lectureiros de 4º da ESO adentráronse no imaxinario orwelliano da man dunha das distopías máis coñecidas do autor, A granxa doas animais. Triunfará a rebelión? Que traman os animais? Detrás desta fábula distópica, que se esconde?
Deixádenos os vosos comentarios!