O club de lectura de 2º da ESO recomenda...
Un monstro vén a verme, de Patrick Ness.
Que libro!
Cantas emocións!
Durante a nosa lectura, acompañamos a Conor, un neno de 13 anos, durante unha das experiencias máis duras da súa vida.
Deixámosmovos os fragmentos que máis nos deron que falar na nosa reunión deste mércores 11 de xaneiro:
Porque os homes son criaturas complicadas - dixo o monstro-. Como pode ser unha raíña unha meiga boa e mala ao mesmo tempo? Como pode ser un príncipe un asasino e un salvador? Como pode un boticario ter mal carácter pero bos pensamentos? Como pode un párroco ter pensamentos errados pero bo corazón? Como poden os homes invisibles incrementar a súa soidade estando á vista?
Deixámosvos tamén o tráiler da película dirixida por J. A. Bayona: