Achéganse documentos relacionados co calendario de fin de curso do alumnado da ESO:
CALENDARIO FIN DE CURSO ESO 2023-2024
|
Xuño
|
19 e 20
|
Entrega dos equipos E-dixgal, para o alumnado que o desexe. Os ordenadores deberán vir cargados e entregados a Coordinadora e-dixgal. Permanecerán custodiados no centro.
|
21
|
Fin da actividade lectiva.
|
25
|
Avaliacións secundaria.
|
26
|
Entrega das notas e consellos orientadores, para o alumando de 2ºESO e 4ºESO. A entrega farase ás 10:00 horas, nas súas aulas.
Entrega de libros.
Revisión das cualificacións ante o profesorado. Deberase entregar na conserxería do centro o modelo 1. Antes das 14:00 horas, poderase entregar no conserxería do centro ou a través dun correo cpi.catoria@edu.xunta.gal
|
27 e 28
|
No caso de persistir desacordo coa cualificación obtida: Reclamación formal ante dirección modelo 2. Antes das 14:00 horas do día 28 de xuño, poderase entregar no conserxería ou mandar un correo cpi.catoria@edu.xunta.gal
|
Xullo
|
1
|
Comunicación da decisión da reclamación.
|
2 e 3
|
No caso de persistir desacordo coa decisión poderase facer una reclamación ante Xefatura Territorial. Esta solicitude modelo 3, deberase entregar na conserxería ou por correo antes das 14:00 horas do día 3 de xullo.
|
- Modelo entrevista profesorado (modelo 1)
- Modelo reclamación ante o centro (modelo 2)
- Modelo reclamación Xefatura Territorial (modelo 3)