Skip to Content

Novas

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

Novas eduxunta - Ven, 2024-11-22 18:36
Idioma Gallego

Xúntase arquivo coa Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e Familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2024/25.

Ábrese un prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Familias Centros
Categorías: Novas

A Xunta salienta a colaboración co tecido empresarial como un elemento clave no impulso das titulacións marítimo-pesqueiras

Novas eduxunta - Ven, 2024-11-22 17:41

Summary: 

A directora xeral de FP e o delegado da Xunta en Lugo participan nunhas xornadas sobre este sector que se celebran en Viveiro

A Xunta oferta este curso un total de 1.602 prazas de novo ingreso na Mariña Luguesa, un 32% máis ca o pasado ano para 63 ciclos formativos e dous másteres

Idioma Gallego

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, salientou hoxe a colaboración entre a Xunta de Galicia e o tecido empresarial como un elemento clave para o impulso das ensinanzas de FP no eido marítimo-pesqueiro, que aseguran man de obra cualificada e relevo xeracional. Así o destacou esta mañá na localidade de Celeiro (Viveiro) con motivo da súa intervención nas Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, nas que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor o acordo cos armadores do Porto de Celeiro e a Confraría de pescadores de Celeiro en colaboración tamén coa Consellería do Mar, para, desde o ano 2018, traballar conxuntamente na posta en marcha de ciclos de FP Dual que implica unha ducia de empresas. “Este aproveitamento de sinerxías fixo posible que o pasado curso puideramos implantar por primeira vez unha oferta vinculada ao sector pesqueiro na Mariña Luguesa”, asegurou a directora xeral de FP en referencia ao ciclo dual en Navegación e pesca de litoral no Instituto IES María Sarmiento de Viveiro. Un ciclo para o que a Consellería puxo a disposición todos os medios co obxectivo de que se consolide na Mariña dado a súa relación co tecido socio-económico desta zona. Tamén vinculado co sector nesta comarca, este curso está en marcha o ciclo dual de grao medio en Cultivos acuícolas no Instituto IES Marqués de Sargadelos de Cervo.

Incremento da oferta

Eugenia Pérez explicou que, ao abeiro do Plan Conecta FP Galicia para o deseño dunha oferta formativa axeitada ao tecido produtivo, na comarca da Mariña Luguesa ofértanse este curso un total de 63 ciclos formativos e dous másteres de FP, o que supón un incremento da oferta do 22,6%, e un total de 1.602 prazas en 1º curso, isto é, case un 32% máis ca o pasado curso.

No que atinxe á familia profesional Marítimo-pesqueira, hai 787 persoas matriculadas nas cinco titulacións que se ofertan como son o ciclo de FP Básica en Actividades marítimo-pesqueiras, os ciclos de grao medio de técnico en Mantemento e control da maquinaria de buques e embarcacións (mecánico naval) e en Navegación e pesca de litoral (patrón de litoral) e os de grao superior en Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións (mecánico naval maior) e en Transporte marítimo e pesca de altura (patrón de altura).

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta dota a nova Unidade de hospitalización infanto-xuvenil de Vigo dun docente con perfil de orientación

Novas eduxunta - Ven, 2024-11-22 14:38

Summary: 

A Consellería de Educación abriu hoxe a vacante para cubrir este posto cun profesional que guíe, coordine e acompañe o alumnado para que se incorpore a vindeira semana

Idioma Gallego

A Xunta dota a nova Unidade de hospitalización infanto-xuvenil do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo dun docente con perfil de orientación que se incorporará a vindeira semana e que será o encargado de guiar, coordinar e acompañar o alumnado que fai uso deste servizo hospitalario.

Hoxe mesmo, tal e como estaba comprometido publicamente, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de abrir a vacante para a cubrir ese posto de traballo logo de que a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa en coordinación co equipo médico desta unidade de recente creación, avaliaran nas últimas semanas o perfil profesional máis axeitado para atender o alumnado que fai uso do mesmo.

Así pois, a persoa encargada de dar apoio a estes alumnos no que atinxe á relación académica cos seus centros educativos de referencia será un orientador que tamén é profesor. Deste xeito, ademais do que atinxe aos aspectos de índole académica, conta coa preparación axeitada para prestar tamén guía e acompañamento no eido emocional.

A maiores, a Consellería traballa tamén para dotar de máis medios técnicos esta unidade, atendendo así a solicitude formulada pola propia unidade. Neste senso, está previsto enviar equipamento informático axeitado ao servizo do alumnado para o que así está recomendado. Deste xeito, baixo a supervisión do profesor orientador, poderá compatibilizar o seu tratamento nesta unidade coas clases, sempre tendo en conta as situacións e particularidades que se dan. 

Cómpre lembrar que esta unidade, que foi creada a finais do ano pasado, dotouse inicialmente, a modo de proba piloto, dun profesor que dependía da aula hospitalaria do Cunqueiro. Agora, tendo en conta as distintas tipoloxías agudas de saúde mental, é necesario avanzar nunha atención máis personalizada a través de profesionais expertos que tamén conten coa formación adecuada para atender os diferentes casos. Este perfil complementa o resto de profesionais que atenden dunha forma permanente ás persoas hospitalizas en idade escolar.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Resolución provisional de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado para o curso 2024/25

Novas eduxunta - Ven, 2024-11-22 12:28
Idioma Gallego

Xúntase arquivo coa Resolución provisional de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado nas modalidades de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas para o curso 2024/25.

Ábrese un prazo de tres días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncia.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2024/25

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros
Categorías: Novas

Relación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2024-2025

Novas eduxunta - Ven, 2024-11-22 09:39
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 21 de novembro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2024-2025.

 

Tema: 

Programas e plans eduemprende

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Coordinación co Sistema Produtivo

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Galicia comparte coas Illas Baleares o seu modelo de Formación Profesional innovadora que é referente a nivel estatal

Novas eduxunta - Xov, 2024-11-21 16:10

Summary: 

Coinciden na necesidade de seguir impulsando as ensinanzas de FP, que en Galicia acadan cifras récord de matrículas e inserción laboral

Coñecen os diferentes proxectos que se están a desenvolver nas catro áreas de especialización do Centro Galego da Innovación da FP en Ourense

Comproban o funcionamento do Centro Integrado de FP Carlos Oroza de Pontevedra, especializado na hostalaría, un sector moi importante na economía balear

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conseller de Educación e Universidades das Illas Baleares, Antoni Vera, visitan hoxe dous centros de referencia na Formación Profesional: o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, en Ourense, e o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, en Pontevedra, para dar a coñecer e compartir o modelo galego nestas ensinanzas.

Deste xeito, Galicia amósalle á delegación balear o seu facer na Formación Profesional, con accións que poderían ser exportables á Comunidade balear e que xa se están aplicando nas nosas aulas. Como afirmou o representante do Goberno balear, a industria de servizos demanda cada vez máis perfís especializados, polo que é preciso impulsar unha maior oferta formativa e ampliar as súas infraestruturas da rede de centros integrados.

No transcurso da visita, os dous conselleiros coincidiron na necesidade de seguir impulsando o avance das ensinanzas de FP, que se teñen consolidado nos últimos anos como un referente de calidade, innovación e empregabilidade e xeran unha enorme confianza nos sectores produtivos. Neste sentido, Román Rodríguez reafirmou que a FP é “un eixo estratéxico, unha política de país que nos serve para dar oportunidades laborais e de futuro a cada vez máis persoas”.

En Galicia, declarou o representante da Xunta, a FP “avanzou en todos os ámbitos, pero destaca o incremento de alumnado, con preto de 69.000 matriculados este curso, o dobre que en 2009, e unha taxa de empregabilidade do 86 %”.

A innovación do Eduardo Barreiros

Neste sentido, Román Rodríguez destacou a labor que se realiza desde o Centro Eduardo Barreiros, onde se concentran as liñas estratéxicas da Formación Profesional: a conexión co mundo laboral, o emprendemento e a innovación. Alí, Antoni Vera e o seu equipo puideron coñecer os diferentes proxectos e iniciativas que se están a desenvolver nas catro áreas do centro: Innovación aplicada, Emprendemento industrial, Formación de alta especialización e Comunicación estratéxica e internacionalización.

Así mesmo, coñeceron como se traballa na visibilización do labor do centro como un referente de innovación, formación e emprendemento industrial no ecosistema da Formación Profesional.

O conseller de Educación e Universidades das Illas Baleares tamén se interesou polo programa de formación de alta especialización para docentes de FP que se imparte neste centro, con 96 actividades multidisciplinares e 1.440 prazas, así como polo programa InnovaTech FP, a través do que os alumnos se enfrontan á resolución de retos tecnolóxicos expostos por empresas. Así mesmo, Antoni Vera e o seu equipo coñeceron como se traballa na visibilización do labor do centro como un referente de innovación, formación e emprendemento industrial no ecosistema da formación profesional.

O sector da hostalaría

A visita remata no Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, un centro especializado na hostalaría, un sector moi importante para a economía balear, onde a delegación insular coñece a oferta formativa enfocada no sector culinario e turístico.

O alumnado deste centro ten a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos no desenvolvemento de produtos tan orixinais como xabóns e aceites derivados de camelia. Actualmente, o Carlos Oroza conta con 352 alumnos e cunha ampla oferta formativa na que destacan ciclos de Cociña e restauración, Panadaría, repostaría e confeitaría, Servizos en restauración, Dirección de cociña, Xestión de aloxamentos turísticos e Guía, información e asistencia turísticas, entre outros.

A recente ampliación das instalacións deste centro, cun novo edificio, é outro dos ámbitos de interese debido ao obxectivo de ampliar a rede de centros integrados nas Illas Baleares.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica

Novas eduxunta - Xov, 2024-11-21 11:06
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de infantil e primaria (701402) e no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

 

Anuncio principal: 

Publicación convocatoria listas de relixión evanxélica (primaria e secundaria)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Programas e plans Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica

Novas eduxunta - Xov, 2024-11-21 10:33
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería(código de procedemento ED003A)

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

Anuncio principal: 

Publicación convocatoria listas de relixión católica (secundaria)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Programas e plans Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Galicia presenta por primeira vez na Feira SIMO de Madrid o seu modelo educativo de éxito

Novas eduxunta - Mér, 2024-11-20 14:59

Summary: 

A Xunta difunde os seus programas de innovación nun innovador stand propio nesta cita de referencia tecnolóxica para profesionais da educación en España

Román Rodríguez pon en valor o traballo do Goberno autonómico para lograr situar o ensino galego como “un referente a nivel nacional e internacional”

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a Feira SIMO Educación 2024, un dos eventos máis importantes no ámbito da tecnoloxía para os profesionais do ensino en España con máis de 9.000 visitantes, onde por primeira vez a Xunta instala un stand para amosar o modelo educativo galego de éxito acreditado polos seus resultados.

O representante da Xunta de Galicia, ademais de coñecer toda a oferta tecnolóxica das empresas e entidades participantes e poder dialogar con profesionais e expertos nesta 10ª edición da feira que se celebra en Ifema, tamén mostrou o traballo que se fai desde o Goberno galego en materia de educación. “O sistema educativo galego é un referente a nivel nacional e internacional, algo que indican os principais indicadores comparativos”, sinalou Román Rodríguez.

Galicia atópase entre as comunidades que máis inviste por alumno, foi capaz de reducir a mínimos o abandono escolar e mellorou resultados académicos sendo líderes en ciencia, pensamento creativo e equidade. Así mesmo, é a comunidade que mellor garante a igualdade de oportunidades entre o alumnado, a que ten unha das mellores rateos alumno/profesor, así como o mellor nivel de inglés de todas as comunidades.

Neste sentido, o titular de Educación afirmou que se está a vivir “unha dinámica progresiva, pero non nos podemos conformar, pois debemos avanzar na calidade, na equidade e na igualdade de oportunidades”.

Ágora Dixital, Nova Arquitectura, Polos Creativos...

O expositor da Consellería de Educación, que está atendido por profesionais da Consellería, foi realizado polo Centro de Innovación Educativa e Dixital. Este stand chamou a atención dos asistentes a feira polo emprego da intelixencia artificial, tecnoloxías innovadoras, unha pantalla holográfica e distintos vídeos divulgativos nos que explican os programas de innovación educativa da Xunta, entre os que destacan o Plan de nova arquitectura pedagóxica, os Polos Creativos ou o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia. Tamén o traballo que se realiza desde o Centro da Innovación da FP Eduardo Barreiros e a potente rede de centros integrados de Formación Profesional, que posibilita unha matrícula récord.

Ademais, están a realizarse demostracións en directo dos proxectos Galiverso, no que se emprega a realidade virtual con fins pedagóxicos; Ágora Dixital, unha plataforma de recursos dixitais a disposición dos docentes para axudalos a desenvolver o seu labor na aula con propostas de aprendizaxe innovadoras e experimentais, e cREAgal, unha iniciativa que permite avanzar na ensinanza híbrida con materiais dixitais adaptados aos currículos educativos galegos e na que hai recursos gratuítos deseñados por un cento de docentes.

Para completar a participación do Goberno galego nesta feira educativa, representantes da Consellería interveñen en conferencias e mesas redondas que se celebran. É o caso da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, que participa na conferencia Datos e intelixencia artificial en educación, para analizar a importancia destas ferramentas á hora de mellorar a toma de decisións en educación.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción ao abeiro da RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024

Novas eduxunta - Mér, 2024-11-20 14:55
Idioma Gallego

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción ao abeiro da RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

 

Anuncio principal: 

Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional

Tema: 

Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs Centro de formación e recursos da Coruña Centro de formación e recursos de Ferrol Centro de formación e recursos de Lugo Centro de formación e recursos de Ourense Centro de formación e recursos de Pontevedra Centro de formación e recursos de Vigo

Colectivo: 

Profesorado Centros
Categorías: Novas

Un cento de militares acreditan as súas competencias profesionais ao abeiro dun acordo entre a Consellería de Educación e o Ministerio de Defensa

Novas eduxunta - Mar, 2024-11-19 16:00

Summary: 

A directora xeral de FP e os representantes do Ministerio de Defensa en Galicia fan un seguimento deste acordo que abre novas vías profesionais

Idioma Gallego

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, mantivo hoxe unha reunión co delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, Coronel Bernal Martín, para facer un seguimento do acordo acadado hai un ano entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e o Ministerio de Defensa co fin de facilitar ao persoal militar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da súa experiencia laboral ou por vías non formativas.

Grazas a este acordo, arredor dun cento militares e reservistas de Especial Dispoñibilidade puideron acreditar as súas competencias profesionais para un total de 183 unidades de ámbitos como a vixilancia e seguridade privada, amarre de porto e monoboias, actividades auxiliares de mantemento de máquinas, equipos e instalacións de buque, servizos administrativos ou condución de vehículos pesados.

A directora xeral explicou que o recoñecemento oficial das competencias adquiridas polas persoas que prestaron servizos militares mellorará as súas condicións laborais, abrindo novas posibilidades de inserción profesional e facilitando a súa adaptación ao mercado laboral civil. En Galicia, os centros de referencia para estas acreditacións son os centros integrados de FP CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, CIFP Universidade Laboral (Culleredo), CIFP Fraga do Eume (Pontedeume), CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) e o CIFP A Xunqueira (Pontevedra).

Precisamente o impulso da acreditación de competencias profesionais é un dos sete eixos nos que se basea a Estratexia de FP Galicia 2030, onde se fai fincapé, entre outros, na colaboración co tecido socioeconómico a través das entidades empresariais e profesionais para actualizar e adaptar a oferta a esas necesidades e mellorar a empregabilidade e a formación dos traballadores.

Impulso do emprendemento

Por outra banda, a directora xeral de FP tamén se reuniu esta mañá con representantes de seis asociacións e entidades empresariais de Galicia para avanzar no aproveitamento de sinerxías entre o ámbito educativo e o tecido produtivo.

Na xuntanza avaliouse o seguimento do programa Atrévete, enmarcado no Plan Eduemprende, co fin de seguir fortalecendo o apoio a iniciativas de emprendemento do alumnado, fomentando a creación de proxectos innovadores e viables, o desenvolvemento de proxectos conxuntos de innovación e transferencia tecnolóxica. Tamén se abordou o impulso da FP Dual Intensiva, dos procedementos de acreditación de competencias profesionais e a orientación vocacional e profesional adecuada, unha ferramenta fundamental para axudar aos estudantes a tomar decisións informadas e acertadas respecto ao seu futuro profesional.

Na reunión de traballo participaron as asociacións de empresarios de Sabón-Arteixo, de Ribeira, Sete Pontes, Polígono de San Cibrao e de Pontevedra, a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal e a Área empresarial do Tambre.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Novas eduxunta - Mar, 2024-11-19 14:33
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 19 de novembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en certas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Proxectos de formación para profesorado FP e E. de réxime especial. Resolución provisional 24-25

Novas eduxunta - Mar, 2024-11-19 10:10
Idioma Gallego

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 30 de setembro do 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2024-2025 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.

Prazo para presentar reclamacións: ata o 22 de novembro de 2024.
 

Tema: 

Formación

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta beneficia a 84 centros da provincia de Ourense

Novas eduxunta - Lun, 2024-11-18 16:27

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita a biblioteca escolar do Colexio CEIP Virxe de Covadonga

Destaca o papel fundamental da biblioteca para reforzar a comprensión lectora, un dos obxectivos prioritarios do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o CEIP Virxe de Covadonga, un dos 84 centros educativos da provincia de Ourense que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe). A través deste plan, a Xunta de Galicia apoia as bibliotecas escolares como espazos estratéxicos para mellorar a calidade do ensino mediante a aportación de  recursos tanto para ferramentas de aprendizaxe e recursos para material didáctico.

Neste curso 2024/2025 o Plambe incorpora catro novos centros, que recibirán formación específica e apoio técnico a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Ademais, os 80 centros que renovan a súa participación contarán con axudas para ampliar os fondos bibliográficos, modernizar o mobiliario e equipamentos ou sufragar gastos de mantemento e xestión das súas bibliotecas. 

 O obxectivo principal deste programa é transformar as bibliotecas escolares en espazos dinámicos e innovadores, promovendo tanto a comprensión lectora como o hábito lector. A renovación dos recursos busca, ademais, fomentar a creatividade, ampliar as oportunidades de aprendizaxe e consolidar a biblioteca como un apoio esencial para o desenvolvemento das competencias do alumnado. 

 

Centro

Concello

 

Centro

Concello

CEIP Padre Feijo

Allariz

 

CEIP Plurilingüe Irmáns Vilar

Ourense

IES de Allariz

Allariz

 

CEIP Plurilingüe

Ourense

CEIP Plurilingüe Ramón

Amoeiro

 

CIFP A Carbaleira-Marcos

Ourense

Otero Pedrayo

Amoeiro

 

CIFP Portovelo

Ourense

CEIP Virxe de Guadalupe

Avión

 

CEIP Amadeo Rodríguez Baroso

Ourense

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

Bande

 

CEIP Manuel Sueiro

Ourense

CEIP Filomena Dato *

Barbadás

 

IES As Lagoas

Ourense

CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro

Barbadás

 

CEIP Plurilingüe de Seixalbo

Ourense

CEIP Ramón Otero Pedrayo

Barco de Valdeoras, O

 

CPI Plurilingüe José García García

Ourense

CEIP Plurilingüe Julio

Barco de Valdeoras, O

 

CEIP Plurilingüe Albino Núñez

Ourense

CEIP de Fenosa

Barco de Valdeoras, O

 

CEE Miño

Ourense

IES Lauro Olmo

Barco de Valdeoras, O

 

CEIP A Ponte

Ourense

CEIP Guriarán Canalejas

Barco de Valdeoras, O

 

CEIP Mariñamansa *

Ourense

IES Marta guisela

Barco de Valdeoras, O

 

CIFP AFarixa *

Ourense

CEIP Plurilingüe Condesa

Barco de Valdeoras, O

 

IES O Couto

Ourense

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Boborás

 

CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey

Pereiro de Aguiar, O

CEIP Pena Corneira

Carbaleda de Avia

 

IES Xermán Ancochea Quevedo

Pobra de Trives, A

IES Nº1

Carballiño, O

 

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Pobra de Trives, A

CEIP San Marcos

Cartele

 

CEIP PlurilingüeCarlos Cid Aregui

Rairiz de Veiga

CEIP Plurilingüe Raúl Fernández

Castrelo do Val

 

CEIP Plurilingüe Ribadavia

Ribadavia

IES Celanova Celso Emilio Fereiro

Celanova

 

CRA Amencer

Ribadavia

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

Celanova

 

IES O Ribeiro

Ribadavia

CEIP Carmen García Carasco

Cenlle

 

IES Cosme López Rodríguez

Rúa,A

CPI Antonio Faílde

Coles

 

CEIP Manuel Respino

Rúa,A

CEIP Santa María A Real

Entrimo

 

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño

Rubiá

CPI Plurilingüe Laureano Prieto

Gudiña, A

 

CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira

San Amaro

CEIP Virxeda Penada  Sela

Irixo, O

 

CPI Virxe da Saleta

SanCristovo

CEIP O Castiñeiro *

Laza

 

CEIP Saco e Arce

Toén

CEIP Plurilingüedo Xurés

Lobios

 

IES García-Barbón

Verín

CPI Teras de  Maside

Maside

 

CEIP Princesa de España

Verín

CEIP AugustoAssía

Mezquita,A

 

IES Castro de Baronceli

Verín

CEIP Plurilingüe de Luíntra

Nogueira de Ramuín

 

CEIP Plurilingüe Amaro Refojo

Verín

CEIP de Oímbra

Oímbra

 

CEIPBibei

Viana do Bolo

CEIP Virxe de Covadonga

Ourense

 

IESCarlosCasares

Viana do Bolo

IES 12 de Outubro

Ourense

 

CEIP Plurilingüe de Vilar deB ario

Vilar de Bario

IES Ramón Otero Pedrayo

Ourense

 

CEIP Rosalía de Castro

Xinzo de Limia

CEIP Curros Enríquez

Ourense

 

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

CEIP Vista hermosa

Ourense

 

CEIP Padre Crespo

Xunqueira de Ambía

*Centros de nova incorporación este curso

Recoñecemento ao traballo educativo do CEIP Virxe de Covadonga

Durante a visita, Judith Fernández puxo en valor o compromiso da comunidade educativa do CEIP Virxe de Covadonga co desenvolvemento da súa biblioteca escolar. “Este centro exemplifica como as bibliotecas poden ser motores de transformación educativa, participando en programas da Xunta como o Plambe, a Biblioteca Creativa e Lectura e Familias”, indicou. 

A directora xeral tamén eloxiou o labor de alumnos e docentes, tanto na xestión da biblioteca como na dinamización do club de lectura. Estes proxectos permiten mellorar a inclusión, reforzar a comprensión lectora, empregar distintas fontes de información e potenciar as competencias clave do alumnado. A biblioteca, ademais, está a converterse nun espazo de referencia para toda a comunidade educativa, facilitando o acceso á lectura e contribuíndo a alcanzar maiores éxitos académicos. 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Resolución definitiva de centros seleccionados Programa EduReferentes

Novas eduxunta - Lun, 2024-11-18 10:36
Idioma Gallego

Resolución definitiva do 15 de novembro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2024/25, conforme ao disposto no apartado noveno da Resolución do 29 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. 

 

Anuncio principal: 

Convocatoria programa educativo EduReferentes 2024/2025

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional Básica

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros
Categorías: Novas

Máis de 178.000 alumnos de 670 centros participarán este curso nos 45 programas educativos da Xunta integrados no Plan Proxecta

Novas eduxunta - Sáb, 2024-11-16 14:19

Summary: 

A iniciativa comprende as iniciativas didácticas que ofertan as consellerías do Goberno galego en colaboración con outras institucións

No seu desenvolvemento implicaranse máis de 7.700 docentes

Idioma Gallego

Máis de 178.000 alumnos de 670 centros participarán este curso nos 45 programas educativos integrados no Plan Proxecta. Liderado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, este plan comprende as diferentes iniciativas didácticas que ofertan as consellerías da Xunta en colaboración, nalgúns casos, con outras institucións.

A oferta de actividades, que complementa os currículos, está relacionada cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a normalización lingüística e os dereitos da infancia ou a mobilidade. No seu desenvolvemento implicaranse tamén máis de 7.700 docentes de todos os niveis educativos non universitarios.

Un ano máis, os programas con máis número de centros integrados son Proxectos de vida activa e deportiva, o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, seguido de Nutriescolas, unha iniciativa para que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.

O número de centros integrados en cada programa recóllese na seguinte táboa:

Programas

Centros participantes

Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)

380

Nutriescolas

139

Donas de si

77

ProxectoTERRA

45

Correspondentes xuvenís

44

MeteoEscolas

42

Por 365 días de respecto e igualdade

41

Apuntámonos a non beber

39

Vexo veo Xacobeo

31

Quérote+

30

Recíclate con Sogama

28

Consumópolis

27

Clases sen fume

27

Parlamento Xove

26

Proxecto Ríos

25

Proxecto de innovación en dinamización lingüística

25

Educación patrimonial

24

Mobilidade sostible e segura

24

Aprendo programando

22

Mestres gandeiros

20

Nós tamén creamos!

20

Paisaxe e Sustentabilidade

18

Proxecto didáctico Antonio Fraguas

17

Protexe os animais

16

Galicons-net

15

Voluntariado miúdo: Móvete!

14

Naturézate

13

Salvavidas

13

Rapazas emprendedoras nas TIC

11

Fotografía en curso

10

Protexe o teu medio

8

Fitofaladoiro

8

Educación en dereitos da infancia e cidadanía global

8

Escola Verde

7

Xente con Don

7

Rede de Centros Escolares Solidarios

7

Rede de Eco Hortas Escolares

6

Pasaporte solidario

6

Contame un conto

6

O monte vivo

5

Activistas polo mundo que queremos

4

Sementando coeducación dende o rural: os coidados como xermolo para a sustentabilidade da vida

3

Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

3

Cinema en curso

3

Moitavista na Escola

1

 

O Plan Proxecta ten como finalidade ser unha referencia para o fomento da innovación educativa mediante a metodoloxía centrada na realización de proxectos nos centros de ensino. Foméntase así o desenvolvemento de habilidades básicas e transversais entre o alumnado arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible promovidos polas Nacións Unidas na Axenda 2030.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas
Distribuir contido


by Dr. Radut